O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción e o Instituto Galego de Promoción Económica organiza a segunda edición do Curso de Formación de Instaladores de Estruturas de Madeira Contralaminada.
O obxectivo é formar na xestión e montaxe de obras de CLT de maneira que os alumnos sexan capaces de interpretar a documentación técnica do proxecto, planificar a súa execución dispoñendo dos materiais, ferramentas e medios auxiliares necesarios así como as medidas de protección de saúde necesarias para realizar a súa montaxe, coñecendo os detalles construtivos necesarios para acometer con éxito na obra.
Cando: 26, 27, 28 e 29 de xuño de 2023
Horario: 09:30 a 18:00 horas
Onde: Fundación Laboral da Construción de Galicia. Santiago de Compostela