A Fundación Juana de Vega está a ofrecer este ano un programa formativo semipresencial sobre canles curtas de comercialización. A iniciativa, aberta e de carácter gratuíto, mantén online tódolos módulos formativos do programa, que inclúen cuestións como xestión, procesado e seguridade alimentaria ou marketing. Como parte deste programa formativo, a Fundación ofrece tamén dúas charlas web, a primeira este luns 10 de abril, e un obradoiro presencial no mes de maio.
A charla que se desenvolverá este luns 10, a partir das 10 da mañá, leva por título ‘A estratexia alimentaria EO alimenta’, acompañada da presentación do estudo sobre a percepción social acercad dos sistemas de produción e consumo local de alimentos.
Para o xoves 15 de xuño está prevista outra charla sobre Slow Food Compostela, unha asociación ecogastronómica que promove o consumo alimentario de proximidade como expresión de identidade e cultural.
A inscripción, tanto para o programa formativo completo como para as charlas e o obradoiro, pódese facer desde esta web.