A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Cómo o balance ruminal axuda a mellorar o rendemento dunha explotación

Cómo o balance ruminal axuda a mellorar o rendemento dunha explotación

A sustentabilidade no sector gandeiro presenta unha dimensión tripla:

-Sustentabilidade económica: baseada en conseguir que as granxas sexan rendibles e poidan subsistir mesmo en contextos tan volátiles como o actual.

-Sustentabilidade a nivel de benestar animal: inclúe o deseño de racións que permitan expresar o potencial xenético dos animais e incrementen a súa lonxevidade.

-Sustentabilidade ambiental: consiste en reducir o total de excrecións ao medio ambiente.

Non podemos esquecer, ademais, que a sustentabilidade implica tamén a garantía de que, nun futuro, tanto nós como os nosos fillos imos poder seguir traballando como o viñemos facendo ata o de agora.

Sustentabilidade económica

A produtividade e a sustentabilidade económica dunha explotación dependen da eficiencia da alimentación, definida, no caso do vacún de leite, como litros de leite producidos a partir da inxesta de 1 kg de materia seca de alimento; no caso da carne, mídese a través do IC ou índice de conversión, que define a cantidade de penso necesario para producir un quilo de carne.

Sustentabilidade a nivel de benestar animal

Se temos en conta que dous terzos da proteína metabolizable (proteína utilizable polo animal a nivel intestinal) provén da fermentación dos alimentos a nivel ruminal, é lóxico pensar que o funcionamento ruminal é a clave da sustentabilidade das granxas.

A saúde ruminal definirá a expresión do potencial xenético do animal e permitirá ao gandeiro mellorar a produtividade durante máis tempo, parámetros que xogan un papel esencial na competitividade de calquera granxa. No caso dos ruminantes, existe un indicador que axuda a determinar a saúde dos rabaños: o balance ruminal.

Sustentabilidade ambiental

Este balance ruminal condiciona a eficiencia de alimentación e, como consecuencia, a eliminación ao medio ambiente de nutrientes non aproveitados na súa totalidade no tracto dixestivo, como é o caso do nitróxeno.

Neste artigo achegaremos algunhas das claves para que poidas conseguir a máxima saúde ruminal dos teus animais.

Cal é a orixe dos problemas ruminais?

Os problemas ruminales poden estar causados por diferentes factores, sendo o máis común a acidose. Trátase dunha afección provocada polo desbalance entre os carbohidratos de fermentación rápida e os carbohidratos estruturais (fibra). Cando se produce este desequilibrio, orixínase unha diminución do pH no rumen como resultado da produción de grandes cantidades de ácidos graxos volátiles (AGV). Estes problemas desenvólvense en ovinos, caprinos e bovinos.

Por tanto, o éxito de calquera ración en ruminantes reside no balance entre a máxima produtividade e a seguridade ruminal que achega a mesma. Para iso, existen algúns indicadores que nos permiten predicir as condicións ruminais que se xerarán cunha ración determinada:

O pH óptimo para a dixestión da fibra atópase entre 6 e 7. A digxestibilidade da fibra vese seriamente afectada cun pH inferior a 6,0. Ademais, é outro dos factores clave que afectan á eficiencia das racións en relación co aproveitamento das forraxes.

-A cantidade de carbohidratos fermentables presentes no rume ou o grao de degradabilidade dos mesmos inflúen negativamente no pH ruminal. O tipo de carbohidrato, o método de conservación, moenda ou fabricación determinan un abano moi variado en canto á velocidade de fermentación. Un mesmo carbohidrato pode comportarse a nivel ruminal de maneira moi distinta en función destes factores. O tempo de conservación tamén inflúe nesta velocidade, como é o caso do silo de millo. Un millo recentemente ensilado presentará unha velocidade menor de degradabilidade de amidón que un millo cun tempo de ensilaxe de 6 meses. Todos estes factores deben ser tidos en conta á hora de deseñar unha ración para calquera ruminante.

-O rume posúe unha capacidade natural de amortecer os cambios de pH nun rango de 6-7. Cando existe este desbalance maior, o rume non é capaz de activar dita amortiguación.

-A acidose clínica produce anorexia, diminución de produción e diarreas, síntomas que poden agravarse ata desenvolverse unha acidose hiperaguda que provoque a morte do animal.

-Pola súa banda, a acidose subclínica é máis difícil de detectar e ten unha gran incidencia económica. Entre os síntomas que presenta destacan a redución de contido de graxa en leite, menor conversión alimenticia, menor inxesta de materia seca, mala dixestión das fibras, laminite, abscesos hepáticos e maior incidencia de desprazamentos de abomaso.

Natural_Power_rumen grafico vaca-01

SFOS axuda a sincronizar a fermentación da materia orgánica ruminal

Se percibes no teu rabaño algún dos síntomas descritos, debes contactar rapidamente cun dos técnicos de De Heus. Os nosos profesionais poderanche asesorar de maneira personalizada sobre a máis avanzada tecnoloxía de formulación SFOS (Sincronización da Materia Orgánica Ruminal) e como esta pode previr desbalances ruminais e garantir a saúde e a produtividade do teu rabaño.

Grazas ao sistema SFOS, ao programa Feed Expert® e á información obtida sobre a calidade das forraxes a través de Laboexpert®, conseguimos equilibrar a velocidade de dixestión das fraccións proteicas e almidonosas. Este complexo sistema permite unha maior eficiencia de utilización dos nutrientes e, como consecuencia, unha redución das excreccións de nitróxeno á contorna, asegurando así un ambiente ruminal san e produtivo e o máximo respecto polo medioambiente.

Dado que a produción gandeira é responsable dunha parte das emisións globais de gases de efecto invernadoiro, en De Heus traballamos para dar resposta ás peticións dos nosos socios da cadea de valor, reducindo a pegada de carbono dos nosos produtos. Algúns dos medios que utilizamos para conseguilo son: a modificación dalgunhas das materias primas utilizadas; o abastecemento no mercado local sempre que sexa posible; e facer que os nosos procesos de formulación (SFOS), produción e loxística sexan eficientes. Ademais, introducimos solucións técnicas, en forma de aditivos, que reducen aínda máis os niveis de emisións.

O sistema SFOS combina as materias primas incluídas na formulación coa achega de forraxes da explotación, buscando o equilibrio adecuado para cada situación, adaptándose desta maneira a todos os ruminantes. En definitiva, SFOS é sinónimo de saúde ruminal, eficiencia e respecto polo medioambiente. 

En De Heus asumimos o reto da sustentabilidade e estamos preparados para axudart a manter o equilibrio ruminal óptimo e continuar mellorando a saúde dos teus animais. As nosas solucións nutricionais conectan todos os coñecementos para brindarche as ferramentas necesarias que garantan a sustentabilidade da túa granxa.

A que esperas? Contacta co noso equipo de profesionais en www.deheus.es e únete ao reto da sustentabilidade.

DE HEUS RAMIRO verticalUn artigo de Ramiro Fernández Vuelta, xefe de Desenvolvemento de Negocio Ruminantes en De Heus.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *