A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“De Heus potencia o desenvolvemento dos nosos animais”

Mar Rosado é a propietaria da Ganadería Selecta de Limousin e Charolais, situada en Monroy (Cáceres). Alí dedícanse, desde 2012, á cría en pureza das razas charolesa e limusina. O seu obxectivo é “conseguir grandes reprodutores que cumpran coas características morfolóxicas propias de cada raza. Todo este traballo levámolo a cabo grazas a unha rigorosa selección xenética”, sinala.

Rosado percibe desafíos en diferentes frontes para o sector gandeiro. Un dos maiores é a seca:
“Está a ter un impacto devastador, o que aumenta os custos de alimentación, debido á escaseza, e obriga aos gandeiros a buscar outras alternativas. Esta problemática reduce as marxes de beneficios e, por tanto, a rendibilidade e viabilidade económica das explotacións”.

Gandaría Selecta de Limousin e Charolais uniuse ao equipo De Heus precisamente para facer fronte a todos estes contratempos. Unha decisión acertada, en palabras do seu principal responsable, “cuns resultados moi visibles e moi positivos en canto a benestar e rendemento, potenciando o desenvolvemento dos nosos animais”.

Mención especial para os pensos de Kovital Cebo e Reprobeef Sementales De Heus cos que traballan. “Son pensos de primeira calidade, cunhas fórmulas equilibradas, capaz de cubrir todas as necesidades da nosa explotación”, apunta Rosado.

E é que o Penso Kovital Cebo está formulado para cubrir os requirimentos nutritivos dos tenreiros durante a fase de cebo co fin de obter todo o seu potencial produtivo: máximo desenvolvemento muscular e engrasxamento adecuado, mentres que o penso Reprobeef sementais está deseñado para o desenvolvemento de futuros sementais con gran desenvolvemento muscular sen medo a problemas de apromos e excesivo engraxamento, asegurando o éxito reprodutor.

Tamén destacan os resultados das testaxes que se están levando a cabo, “extraordinarios, cuns índices de conversión sorprendentes, dando como resultado futuros sementais con gran potencial”.

DE HEUS CHAROLAIS CACERES 1 DE HEUS CHAROLAIS CACERES 2

Mar Rosado prepadando a su ganado. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *