A Central Agropecuaria rexistra o seu terceiro maior volume de transaccións

O recinto de Srilleda alcanzou este martes unha facturación de 942.357 euros, que se logrou por rexistrar as maiores marcas deste ano nas transaccións de vacún maior

A Central Agropecuaria rexistra o seu terceiro maior volume de transaccións

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou o terceiro maior volume de transaccións da súa historia, ao ascender a facturación a 942.357 euros (a cifra máis alta sitúase, ata o momento, nos 977.268 euros alcanzados o 21 de xuño de 2022 e a segunda maior nos 949.660 euros do 3 de maio de 2022).

Esta cifra alcanzouse porque se rexistraron as maiores marcas do ano en transaccións de vacún maior, con 573.915 euros, tamén en prezos medios de becerros de recría, con 331,96 euros, e de vacún maior, con 1.728,66 euros.

En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 1.217 animais, dos cales 1.170 foron adxudicados.

Prezos do vacún
Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría, houbo oscilacións. Así, na raza frisoa os tenreiros de 15 a 20 días cotizáronse a 126 euros (-7 euros respecto da pasada semana); os de 21 a 50 días a 168 euros (+16 euros) e os de máis de 50 días a 172 euros (-14 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 353 euros e restaron 6 euros con respecto á xornada anterior; os de 21 a 50 días chegaron aos 433 euros e aumentaron 20 euros o seu valor medio e os máis adultos baixaron 64 euros e quedaron nos 502 euros.

09_04_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 858 euros, é dicir 172 euros menos que a semana pasada. Os machos de cruces industriais, pola contra, incrementaron o seu valor (+112 euros) ata os 1.154 euros. Mentres, as femias baixaron en 84 euros e quedaron nun valor medio de 830 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.194 euros de media os machos (+118 euros) e a 945 euros as femias (+49 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron o seu valor 112 euros até conseguir un prezo de referencia de 1.067 euros.

No vacún maior houbo baixada en case todas as categorías. Na categoría extra descendeu o valor medio en 51 euros, quedando en 2.209 euros. Na primeira a baixada foi de 21 euros e fixouse nos 1.151 euros. Na categoría segunda chegaron ata os 778 euros (+1) e na de desfeito alcanzaron os 357 euros (na semana pasada non se vendeu ningún animal). Os animais comercializados baixo selo Vaca y Buey de Galicia viron aumentado o seu valor medio en 71 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.886 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo.

09_04_2024_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 108 euros (cun prezo de 5,4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 103 euros e cun prezo por quilo de 5,15 euros.

O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada. Desta maneira, os prezos quedan así: os da XL 2,83 euros; os da L en 2,36 euros; os da M en 2,20 euros e, finalmente, os da S en 1,89 euros.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información