Cata final dos mellores viños de Galicia para a Guía Paadín 2024

Publicidade

Guía Paadín 24 2As instalacións de Horta Daterra do País, antigo serradoiro na Ponte Baxoi Miño (A Coruña), acolleron hoxe unha cata única en Galicia cunha selección de 30 viños premiados como Gran Ouro en edicións anteriores da Guía Paadín.

Para esta cata especial, contouse con algúns dos técnicos de maior prestixio das DOPs de España: Rioja, Ribera del Duero, Bierzo e León; así como os das 5 DO´s de Galicia: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. Xunto coa dirección da guía, ratificaron cales son os Mellores viños de Galicia da Guía Paadín 2024.

Con esta recata dos Grandes Ouros entre os que se atopaban algúns dos viños de máis alta gama de viticultores e adegueiros de gran proxección internacional como Rafael Palacios, O Luar do Sil, Luís Ánxo Rodríguez, Xurxo Alba, Emilio Rojo, José Luís Mateo, Forjas del Salnés, Guímaro ou Do Ferreiro, púxose de manifesto o altísimo nivel de calidade dos viños galegos.

Este evento, polos viños, os catadores e o momento doce de recoñecemento mundial dos viños de Galicia, converteron por un día á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na capital do viño.

Con esta Cata Final para a “Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2024” danse por terminadas practicamente as catas. Para esta edición, nas catas previas, participaron preto dos 1.000 viños e uns 50 catadores procedentes de toda Galicia, así como técnicos doutras DD.OO. máis aló do ámbito galego.

Para a Guía Paadín participan adegas de longa e contrastada traxectoria e con viños de gran prestixio que non participan en ningunha outra guía ou concurso; e alén da copa moitos dos catadores participantes nesta Guía, aínda non sendo mediáticos, son algúns dos máis expertos coñecedores.

Da guía, que vai pola súa edición número catorce, publícanse 1.500/2.000 exemplares todos os anos. Este próximo ano haberá unha edición a maiores de 1.500 exemplares en inglés e segue sendo a única guía de viños sen publicidade.

Panel de catadores:

Agustín Lago – Director técnico da D.O. Rías Baixas

Alberto Tobes – Director técnico de Viticultura e Enoloxía da D.O. Ribera Del Duero

Alejandro Paadín – Editor da Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia

Ana Belén López – Técnica da D.O. Ribeira Sacra

Carmen Gómez – Directora técnica da D.O. Bierzo

Javier Facal – Director de Catas da Guía Paadín

Jorge Mazaira – Director técnico da D.O. Valdeorras

Luis Miguel López – Director técnico da D.O. Monterrei

Luis Paadín – Director da Guía Paadín

María Graña – Tecnóloga investigadora da EVEGA (en representación da D.O. Ribeiro)

Pablo Franco – Director técnico da D.O.Ca. Rioja

Rafael Blanco – Presidente da D.O. León

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información