Buscan encargados capataces forestais para Galicia e a Cornixa Cantábrica

Buscan encargados capataces forestais para Galicia e a Cornixa Cantábrica

En CASEFOR (Capacitación de Servizos Forestais SL) buscan encargados/as capataces forestais para traballar en diferentes zonas de Galicia e a Cornixa Cantábrica (Asturias, Cantabria, País Vasco). Búscanse persoas cuxa labor é xestionar os traballos de curta e saca de madeira na explotación de aproveitamentos forestais, garantir que o traballo se faga de maneira eficaz e eficiente, orientado a resultados e procesos.

CASEFOR é unha empresa especializada na curta e saca de madeira e cun forte compoñente de formación. O labor do persoal en campo é optimizar o seu tempo de produción no monte sen perder a calidade. A persoa que se incorpore, actuará de encargado/a de aproveitamentos forestais.

A súa responsabilidade consistirá en organizar e supervisar as actividades necesarias para o aproveitamento dos produtos forestais, xestionando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de calidade, rendibilidade económica e de sustentabilidade do medio natural, minimizando o impacto sobre o medioambiente e respectando a normativa vixente, especialmente a ambiental e a de prevención de riscos laborais.

Responsabilidades

Planificar o traballo en campo.
Xestionar os recursos humanos e materiais.
Formar no correcto manexo da maquinaria, nas tarefas de mantemento e conservación da maquinaria.
Supervisar o correcto manexo de maquinaria e en que as tarefas de mantemento se efectúen debidamente.
Xestionar as reparacións das avarías e facer seguimento cos talleres.
Establecer unha relación cos traballadores de campo para facilitarlles a entrega de material.
Coordinar a compra de material cos responsables de Administración.
Garantir a seguridade nos aproveitamentos.
Xestionar e optimizar os transportes da maquinaria en góndola e coordinar a saca de madeira de cargadoiros.
Reportar e/o rexistrar toda a información necesaria para a empresa, asignándoas ás máquinas e/ou persoas correspondentes.
Colaborar estreitamente cos diferentes departamentos co fin de mellorar ditos procesos.
Colaborar continuamente noutros labores asignados polo seu responsable directo.

Requisitos mínimos
Imprescindible permiso de conducir.
Más de 10 anos de experiencia no manexo de maquinaria forestal.
Más de 5 anos de experiencia nun posto similar.

Requisitos desexados
Valorarase positivamente coñecementos de mecánica ou sector forestal/agrícola
Valorarase positivamente coñecemento e experiencia en uso de Gmail, Google Drive, Google Calendar e Google Meet.

Enviar CV e carta de motivación a gerencia@casefor.es coa referencia: ECF

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información