Biona e Botica do Campo organizan unha xornada sobre vacún de leite

Publicidade
Data inicio: 24/02/2016
Data fin: 24/02/2016
Lugar: Arzúa, La Coruña, España

A empresa Núter, fabricante de pensos Biona, e a empresa Botica do Campo, organizan para o vindeiro mércores, 24 de febreiro, unha xornada sobre vacún de leite. Será en Arzúa, na nave de Botica do Campo, a partir das 11:30 horas.

Na xornada participarán José Santiso Lorenzo, xerente de zona de Núter, que falará sobre “Graxa e proteínas en leite. Aspectos prácticos”; Jose M.ª Viana, xefe de produto de vacún de Núter, que impartirá a charla titulada “As fugas de rendibilidade nas explotacións leiteiras”. Pechará a xornada Arturo Gómez, investigador de Zinpro Animal, que propoñerá aos asistentes “Solucións modernas a problemas podais”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información