Na actualidade, o escenario cambiou e moitas das materias activas que viñan utilizando xa non están dispoñibles, e das existentes moitas desaparecerán nun curto prazo de tempo. Estas materias activas foron retiradas do mercado debido ao seu perigo e outras moitas están en dúbida. Isto dificultaría combater os perigos aos que están expostos os nosos cultivos nun futuro próximo.
Porén, os agricultores e gandeiros, poden estar tranquilos. Delagro, como un dos maiores referentes no sector, aposta por produtos innovadores e alternativos respectuosos co medio ambiente e que se adaptan ás novas esixencias de carácter ambiental. Falamos das solucións de biocontrol e bionutrición que complementarán as ferramentas actuais, até chegar ao momento de nalgún momento poder substituílas.
Unha forma diferente de facer as cousas, con mellores resultados
Cando falamos biocontrol e bionutrición non podemos ser escépticos, o seu uso está altamente contrastado e con resultados espectaculares, pois estas solucións xa se veñen usando en agricultura intensiva desde hai moito tempo. En palabras de Jesús Sánchez, técnico especialista en viñedo de Delagro: “Adaptarse e ser máis eficientes e eficaces á hora de usar as ferramentas dispoñibles, para combater as pragas e enfermidades dos nosos cultivos, permitiranos diferenciarnos e engadir valor ao produto ofrecido aos nosos consumidores”.
Neste sentido, precisa que “actualmente, grazas á biotecnoloxía e á I+D+I, xa dispomos de ferramentas de biocontrol como os insectos depredadores, micoparásitos que atacan a un amplo espectro de fungos fitopatóxenos e oomicetos, , fungos entomopatóxenos que se utilizan para o control de pragas de insectos, bacterias entomopatóxenas de orixe natural que combaten pragas de maneira efectiva, etc”.
“Por pór un exemplo, se temos unha araña vermella, a solta de ácaros fitoseidos como (Phytoseiulus persimilis, Amblyseius californicus) ou da larva dun mosquito cecidómido (Feltiella acarisuga), todos eles, totalmente inofensivos para a planta, controlarían a praga de tetraníquidos para que esta non puidese prexudicar ao cultivo”, explica o técnico de Delagro.
O biocontrol refírese ao uso de organismos vivos para controlar poboacións de pragas e enfermidades en cultivos. En lugar de depender exclusivamente de pesticidas químicos, o biocontrol utiliza inimigos naturais para manter o equilibrio nos ecosistemas agrícolas. Este enfoque non só é máis sustentable, senón que tamén axuda a previr resistencias que diminúen a eficacia de ferramentas convencionais.
[caption id="attachment_227834" align="aligncenter" width="1320"]
Doutra banda, temos as solucións de bionutrición. Buscan achegar ás plantas a nutrición que necesitan no momento adecuado axudándoas cos seus procesos metabólicos , provocando unha mellora no desenvolvemento, vigor, rendemento e calidade dos cultivos, ao estimular procesos naturais que benefician o crecemento e a resposta ao estrés abiótico como altas e baixas temperaturas, ou biótico como o ataque dunha enfermidade.
Segundo Jesús Sánchez, “a bionutrición está moito máis estendida do que se percibe e leva moito tempo asociada á agricultura. Os bioestimulantes, teñen un papel moi importante que desempeñar na agricultura convencional como complemento á nutrición e á protección de cultivos. Produtos de innovación sustentable en agricultura e eficacia contrastada de Delagro, como BLUE STAR, BLUE CYCLE ou STAR B2 son solucións que melloran a saúde e o rendemento das plantas, ofrecendo complementos de base natural aos produtos químicos sintéticos.. Delagro pon a disposición dos nosos agricultores soluciones biolóxicas exclusivas, innovadoras e sustentables para afrontar os desafíos agronómicos diarios aos que se enfronta a nosa agricultura.
[caption id="attachment_227840" align="aligncenter" width="1320"]
A través da utilización de bioestimulación, microorganismos benéficos e materia orgánica de calidade, búscase mellorar a saúde do solo e optimizar a absorción de nutrientes polas plantas. “A saúde do chan, ao longo dos tempos, foi a gran esquecida pero cada vez máis os agricultores son conscientes da importancia, e da necesidade de conservar a riqueza dos nosos solos únicos e irreemplazables. As plantas comen a través das raíces, , é por iso que, un solo supresivo é un solo equilibrado e san, cunha ampla diversidade de microorganismos beneficiosos que xeran e inducen a protección contra enfermidades, favorecendo a inmunidade das plantas. Un solo san e vivo permite un maior aproveitamento dos nutrientes, mellores producións e mellores rendibilidades que, en definitiva, é o que busca todo agricultor e gandeiro”, comenta Jesús Sánchez.
Existe unha gran diversidade de bioestimulantes que contribúen ao futuro da agricultura sustentable como os bioestimulantes vexetais a base de algas mariñas, que modulan a expresión xenética e inducen cambios metabólicos nas plantas que conducen aos efectos bioestimulantes que observamos no campo. Ou os bioactivadores que permiten estimular e/ou desbloquear a actividade nutricional radicular e/ou foliar do cultivo, actuando como vigorizantes.
“Aínda que existe unha gran oferta actualmente no mercado que dificulta elixir a solución máis adecuada, o asesoramento por parte dos técnicos facilitará a decisión, pero o que non é discutible son os beneficios que xeran nos cultivos. É por iso que en Delagro somos moi conscientes, dedicando grandes esforzos á investigación e desenvolvemento de produtos desta natureza potenciando a súa utilización”, destaca o técnico de Delagro.
Ambas as prácticas, biocontrol e bionutrición, ofrecen beneficios que van máis aló da acción de producir. Reducen a dependencia de produtos químicos, reducen a vulnerabilidade ante a perda de materias activas e diminúen a contaminación da terra e da auga, preservando e alimentando a biodiversidade para contribuír á súa riqueza. A saúde a longo prazo dos solos non é algo que deba facerse por imperativo legal, senón por responsabilidade.
[caption id="attachment_227837" align="aligncenter" width="1320"]
Desafíos e futuro do biocontrol, a bioestimulación e a bionutrición
O futuro da agricultura sustentable e a nutrición vexetal depende en gran medida da integración exitosa de enfoques como o biocontrol e a bionutrición nas estratexias de control actuais. A medida que a demanda de alimentos medra e a presión sobre os recursos naturais aumenta, é crucial avanzar cara a métodos de produción máis efectivos e compatibles co coidado do medio ambiente.
En conclusión, o biocontrol e a bionutrición representan un paso significativo cara a unha agricultura resiliente. Ao adoptar estas prácticas, non só aseguramos a seguridade alimentaria, senón que tamén iniciamos o camiño cara a uns obxectivos que nos afectan a todos: preservar a saúde do noso planeta para as xeracións futuras, garantir a saúde e o benestar e o alimento do futuro. A colaboración entre a ciencia, os agricultores e as institucións é esencial para levar adiante esta revolución verde.