Beealia organiza o vindeiro mércores 27 de setembro unha palestra informativa sobre a viaxe realizada á rexión de Limosin, Francia, onde se fixeron encontros e palestras para coñecer razas e tratamento do gando ovino.
Así, a palestra ofrecerá toda a información recollida durante a viaxe a Francia. Darase conta do aprendido sobre produción, razas ou comercialización.
O encontro será no Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) en Lugo de 11:00 a 13:00 horas