Os prezos do gando vacún baixaron este mércores no Mercado de gando de Amio con respecto da sesión pasada. En concreto, caeron de media 10 euros por animal nos becerros de recría tanto frisóns como de cruce, mentres que no vacún maior a caída foi de 0,10 euros por kilo os canales das categorías O e P.
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións de todas as categorías e canais desta carne.
En canto á asistencia houbo 1.720 reses, o que supón 259 máis que na sesión do 26 de xullo. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.475 cabezas de vacún menor, 226 máis que na sesión anterior. Houbo 114 de vacún mediano (10 máis) e 131 de vacún grande (23 máis que a semana pasada).
Máis información:
–Táboa de cotizacións de Amio (02-VIII-,).