Baixadas dos prezos medios dos becerros de recría en Silleda

Cotizan á baixa as seccións de recría frisoa e de cruces con maior afluencia de animais na Central Agropecuaria de Galicia. Sobe o valor medio dos becerros carniceiros. Mantense á alza o porcino e o mercado do ovo

Baixadas dos prezos medios dos becerros de recría en Silleda

Recría nas instalacións da Central Agropecuaria. // Foto de arquivo.

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca, que se celebra en Silleda (Pontevedra), rexistrou este martes unha nova baixada xeral dos prezos da recría, tanto dos becerros frisóns como nos de cruce. Aínda que tamén houbo seccións que rexistraron un incremento do valor medio, as seccións con maior afluencia de gando mantivéronse á baixa. Nos becerros carniceiros a tendencia foi á alza. No vacún maior, a excepción das vacas da categoría extra, o resto de animais experimentaron unha baixada dos prezos.

As mesas de cotización do porcino mantéñense con subas, tanto nos porcos cebados coma nos leitóns. O mercado do ovo está tamén a ter subas en tódalas categorías.

Facemos un repaso detallado polos prezos medios das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado. Cómpre ter presente que esta é unha comparativa entre os prezos deste martes e as cotizacións da feira da semana pasada para coñecer as tendencias dos prezos, pero existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal.

Gando vacún

Na recría frisoa, os becerros máis novos, os de menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 151 euros, o que amosa unha suba de 5 euros con respecto da semana pasada. Porén, no caso dos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando, o prezo medio experimentou unha redución de 2 euros, ata quedar nos 172 euros. Nos becerros de máis de 50 días amósase un incremento de 39 euros no valor medio con respecto da semana pasada. Así, nesta feira o prezo medio foi de 221 euros.

A tendencia foi semellante na recría de cruzamentos industriais. Os machos máis novos, os de menos de 20 días sumaron 42 euros e o prezo medio sitúase agora nos 283 euros. As femias desta categoría mantéñense sen cambios e cotízanse a 215 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando, houbo unha baixada de 6 euros e quedan nos 308 euros. Nas femias de dita sección, tampouco houbo cambios e o valor medio é de 233 euros. Os machos de máis de 50 días descontaron 32 euros e están a 417 euros. As femias desta categoría tamén rexistraron unha baixada, de 27 euros, e o prezo medio é agora de 402 euros.

Nos becerros carniceiros, os animais frisóns tiveron un prezo medio de 736 euros, o que amosa unha suba de 54 euros con respecto da semana anterior. Os tenreiros de cruces industriais cotizáronse a un prezo medio de 1.000 euros, cunha suba de 14 euros. Nas femias o incremento foi de 72 euros e agora o valor medio é de 879 euros. Nos tenreiros de Rubia Galega, o prezo medio situouse nos 1.009 euros, logo dunha baixada de 144 euros. Nas femias produciuse unha suba de 86 euros e o valor medio é de 1.029 euros. Nos animais comercializados baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega Suprema, o prezo medio quedou nos 938 euros, logo dunha baixada de 54 euros.

A tendencia tamén foi á baixa no vacún maior, aínda que con algunhas excepcións. Nun repaso por categorías, as vacas da extra foron as únicas nas que se aprecia unha suba dos prezos, de 200 euros, de xeito que o valor medio é de 2.186 euros. Nos animais de primeira houbo unha baixada de 40 euros e sitúanse nos 1.152 euros. As vacas de segunda teñen un valor medio de 770 euros, ó descontar 3 euros. Os animais de desfeito tamén tiveron unha redución, de 56 euros e quedan nos 423 euros. Para os exemplares comercializados baixo a IXP Vaca e Boi de Galicia, o prezo medio queda nos 1.725 euros, logo dunha redución de 1.148 euros.

Lonxa 05_07_2022

Subas nos prezos do porcino

Este martes a mesa de cotizacións do porcino acordou unha suba xeral dos prezos, tanto do porco cebado coma dos leitóns. No porco selecto e no normal o prezo é de 1,685 e 1,660 euros o quilo, respectivamente, logo dun incremento de 0,03 euros. Os porcos de Canal II están a 2,156 euros ó experimentar unha suba de 0,039 euros o quilo. Os animais de descarte foron os únicos que se mantiveron sen cambios. Cotízanse entre os 0,58 e os 0,64 euros o quilo.

Nos leitóns a suba dun euro deixa os exemplares chegados dunha única granxa nos 51 euros (cun prezo de 2,55 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías a 46 euros e teñen un prezo por quilo de 2,3 euros.

O mercado do ovo rexistrou subas en tódalas seccións esta semana. Os ovos da XL e da L tiveron un incremento de 0,05 euros e cotízanse a 2,35 e 2,09 euros a ducia respectivamente. Mentres, a ducia de ovos da M tiveron un aumento de 0,03 euros e atópanse a 1,75 euros. Nos ovos da S a suba foi de 0,02 euros e a ducia págase a 1,53 euros. As galiñas de descarte semipesadas están a cotizarse entre os 0,29 e os 0,36 euros por quilo.

Lonxa porcino 05_07_2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información