Baixada nos prezos medios dos becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra reducións das cotizacións en tódalas seccións dos tenreiros carniceiros. Baixan os machos de recría de cruces industriais. Novas subas no porcino e mantense sen cambios o mercado do ovo

Baixada nos prezos medios dos becerros carniceiros en Silleda

Becerros de cebo nas instalacións da Central Agropecuaria. // Imaxe de arquivo.

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca experimentou este martes unha baixada xeral dos prezos dos becerros carniceiros, con reducións das cotizacións de referencia de tódalas seccións con respecto da semana pasada. Na recría mantívose con subas o gando frisón e as femias de cruces, mentres que nos machos de razas industriais houbo unha caída dos prezos.

No vacún maior non se rexistrou unha tendencia predominante e producíronse subas ou baixadas nas distintas categorías.

As mesas de cotización do porcino continúan esta semana con subas tanto no porco cebado coma nos leitóns. O mercado do ovo mantense estable.

Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado con respecto da semana pasada. Cómpre ter presente que existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal.

Os tenreiros carniceiros experimentaron esta semana unha baixada xeral dos prezos que afectou a tódalas categorías. Nos becerros frisóns o valor medio foi de 509 euros, o que supón 273 euros menos que o prezo manexado a semana pasada. Os machos de cruces industriais cotizáronse de media a 973 euros, cunha redución de 32 euros. As femias desta sección descontaron 41 euros con respecto da semana anterior e están nos 908 euros. En canto ós becerros de Rubia Galega, o prezo medio situouse nos 1.173 euros, o que supón unha redución de 120 euros con respecto do prezo de referencia da última semana. As femias desta raza descontaron 16 euros ata quedar cun prezo medio de 949 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Ternera Gallega Suprema o valor medio foi de 1.121 euros, o que os sitúa en 38 euros menos que a semana pasada.

Na recría frisoa o prezo de referencia dos animais máis novos, os de menos de 20 días, foi de 124 euros, o que supuxo unha baixada de 13 euros. Mentres, o resto de gando cotizou á alza. Nos tenreiros de entre 20 a 50 días, o prezo medio situouse nos 151 euros, logo dunha suba de 4 euros. Os becerros de máis de 50 días tiveron un incremento de 7 euros no prezo medio de referencia con respecto da semana pasada e acadan os 175 euros.

Nos becerros de recría de cruzamentos industriais a tendencia foi á baixa nos machos, mentres que as femias rexistraron subas. Os tenreiros de 20 días tiveron un prezo medio de 275 euros, o que amosa unha baixada de 35 euros con respecto do valor medio da semana pasada. As femias desta sección rexistraron unha suba de 58 euros e acadan los 218 euros. Nos tenreiros de entre 20 a 50 días, o prezo medio foi de 331 euros, ó descontar 6 euros con respecto da semana pasada. Nas femias o prezo de referencia sitúase nos 265 euros, tras unha suba de 9 euros. Nos animais de máis de 50 días, os machos descontaron 20 euros e quedan nos 467 euros. O valor medio das femias foi de 401 euros, 5 euros máis que a semana pasada.

No vacún maior non houbo unha tendencia clara. Os animais da categoría extra cotizaron a un prezo medio de 2.174 euros, o que supón 161 euros máis que a semana anterior. As vacas de primeira mantéñense sen cambios, cun valor de referencia de 1.154 euros. Nos exemplares de segunda, o prezo medio foi de 764 euros, é dicir 27 euros menos. Os animais de desfeito tiveron unha suba de 31 euros e pasan a situarse nos 488 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 1.476 euros, o que supón 146 euros menos que a semana pasada.

Central Vacun 7_02_2023

Continúan as subas no porcino

Nas mesas de cotizacións do porcino houbo subas tanto no porco cebado coma nos leitóns. O porco selecto e o normal teñen un valor de 1,775 e 1,75 euros o quilo, respectivamente logo dunha suba de 0,03 euros. Os porcos de Canal II tiveron un incremento de 0,039 euros e están a 2,273 euros. Os animais de descarte experimentaron a suba máis destacada, 0,06 euros, de xeito que agora cotízanse entre os 0,89 e os 0,95 euros o quilo.

Nos leitóns houbo unha suba de 2 euros. Os exemplares chegados dunha única granxa están nos 89 euros (cun prezo de 4,45 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 84 euros e cun prezo por quilo de 4,2 euros.

O mercado do ovo continúa estable esta semana. Os ovos da XL están a 2,8 euros a ducia, os da L a 2,59 euros, os ovos da M a 2,23 euros e os da S a 1,98 euros a ducia. Nas galiñas de descarte semipesadas houbo unha baixada de 0,01 euros e cotízanse entre os 0,30 e os 0,37 euros o quilo.

O prezo do coello está nos 2,4 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Central Porcino_07-02-2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información