Baixada dos becerros de recría en Silleda e suba dos leitóns e dos ovos

Nas mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións do porco cebado. O prezo do vacún maior permanece estable. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 11 de outubro

Baixada dos becerros de recría en Silleda e suba dos leitóns e dos ovos

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola baixada dos prezos dos becerros de recría, algo máis acusada nos de raza Frisona. O vacún maior mantívose máis estable. Nas mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións do porco cebado e subir as de leitóns e ovos.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi claramente á baixa. Así, na categoría dos de menos de 20 días, a cotización media foi de 82 euros, fronte aos 99 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 113 euros por xato, o que supón unha baixada de 8 euros con respecto ao pasado martes. Nos tenreiros de máis de 51 días a caída foi algo maior: unha media de 129 euros fronte aos 139 euros da semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos foron tamén á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias situáronse nos 286 euros, fronte aos 292 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén baixou ata os 313 euros, cinco menos que na última poxa. Nas femias, tamén houbo baixada: 231 euros de media, fronte aos 240 do pasado martes. A excepción foi a categoría dos xatos de máis de 51 días, onde o prezo medio subiu ata os 397 euros, fronte aos 320 euros de media da pasada semana.

E se analizamos o vacún maior, a tendencia xeral foi irregular. Deste xeito, quedaron en 1.088 euros de media en categoría primeira, 706 en segunda -a máis numerosa- e 392 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.116, 705 e 396 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_poxa_outubro_2_16

Ovos e coello á alza

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir un 0, 01% os prezos da pasa semana: 0,97 euros a ducia na categoría S; 1,16 euros a M; 1,25 a ducia da categoría L e 1,38 euros a XL.
Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse por segunda semana consecutiva subir os prezos un 0,10% ata os 1,75 euros o kilo.

Suba dos leitóns e baixada do porco cebado

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou seguir coa baixada dos prezos da semana pasada. Así, nas categorías Selecta e Normal a baixada foi do 0,040%, quedando nos 1,295 e 1,270 euros por quilo, respectivamente; a Canle II caeu un 0,052% ata os 1,649 euros por quilo, e na categoría de desvelle o intervalo de prezos baixou un 0,03% ata situarse entre 0,74 e 0,80 euros o quilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos tamén caeron unha semana máis un 0,06%, ata os 1,600 euros o quilo, lastrando á baixa ao resto de mercados da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse unha nova suba das cotizacións, desta volta dun 2%. Deste xeito quedaron nos 36,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 41,5 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_poxa_outubro_2_16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información