O Mercado de Amio só rexistrou a asistencia de 5 becerros e 37 vacas de matadoiro. Son cifras moi baixas respecto doutros mércores, motivadas polos festivos de Semana Santa.
En canto aos prezos, mantivéronse os da sesión anterior para o gando presente e tamén para as canles de todas as clases e categorías da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.
Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (27-III- 2024).