Administración convocante: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230731/AnuncioG0426-190723-0001_gl.html
Prazo: Ata 15/09/2023
Resumo:
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países cun orzamento de 1,7 millóns de euros.
Poderán beneficiarse destas achegas as empresas vinícolas, organizacións de produtores e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe protexidas e indicación xeográficas protexidas, cooperativas, entidades asociativas sen ánimo de lucro e asociacións temporais ou permanentes de produtores.
Así, estas axudas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (Feaga), teñen como obxectivo a mellora da competitividade dos viños galegos, o que inclúe a apertura e diversificación dos mercados vitivinícolas. Deste xeito, serán subvencionables aquelas accións de promoción que se desenvolvan nun ou varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.