ASEFOGA estuda o efecto da vespa velutina na polinización

A Asociación Sectorial Forestal de Galicia extraerá conclusións arredor das modificacións irreversibles nos equilibrios da fauna local

ASEFOGA estuda o efecto da vespa velutina na polinización

Un niño de vespa velutina pendurado das pólas dun amieiro

A Asociación Sectorial Forestal de Galicia (ASEFOGA), está a piques de facer pública a súa investigación sobre os efectos sobre a polinización da presenza das vespas velutinas. O estudo, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, apunta á vocación invasora do insecto de orixe asiática o que está causando modificacións irreversibles nos equilibrios da fauna local.

Dende a ASEFOGA apuntan ao sobrado recoñecemento científico de que as especies exóticas invasoras son a segunda causa de perda de biodiversidade no mundo tras a modificación do hábitat. A vespa velutina, tamén chamada avispón asiático ou avespa negra, é unha especie invasora e crese que a súa chegada a Europa foi accidental. Os indicios apuntan á importación accidental de avespas reinas en estado hibernante nunha carga de produtos hortícolas procedentes de China que desembarcou no porto de Bourdeux.

Desde Francia foi pasando aos países limítrofes, por iso é polo que as primeiras aparicións en España suceden na zona norte

Os avispóns teñen unha gran capacidade de voo e dispersión activa, as raíñas fundadoras de vespa velutina teñen a capacidade de voar ata 30km/día. A distancia de voo das obreiras adoita ser menor a 2 km, pero son capaces de situarse e regresar ao niño desde distancias de ata 5 km.

Ademais deste tipo de dispersión natural, documentáronse reiterados casos de introducións accidentais a través do transporte, tanto por vía marítima como terrestre no continente europeo que contribúen ao crecemento da especie. A velutina ten unha alta capacidade de reprodución e debe terse en conta que o crecemento das poboacións de véspidos depende do número de raíñas fundadoras para establecer novas colonias. Do total de raíñas fundadoras o 60% ten éxito á hora de sacar adiante unha colonia. Cada raíña fundadora pode producir entre 200 e 500 de novas raíñas ao ano, o que explica o crecemento exponencial desta especie invasora.

A Velutina presenta un comportamento social que lle confire flexibilidade e maior variedade a nivel biolóxico

A súa capacidade para aprender, memorizar e comunicarse é outra das claves do éxito dos avispones. A súa alimentación baséase fundamentalmente na fauna local de insectos, o que supón unha grave ameaza para a biodiversidade polinizadora. A acción polinizadora dos insectos é indispensable para a produción global de alimentos e un servizo ecosistemático clave, por este motivo conservar as poboacións de insectos silvestres é unha prioridade e para axudar á conservación é necesario coñecer as ameazas que afectan o seu desenvolvemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información