Aprobado novo decreto lei sobre normas de sanidade e protección animal durante o transporte

Esta normativa deroga a anterior, introduce melloras para a realización dos controis oficiais e amplía os requisitos para os operadores de portos e aeroportos, así como para a formación de persoal

Aprobado novo decreto lei sobre normas de sanidade e protección animal durante o transporte

O novo decreto lei enmárcase nas leis de acompañamento do plan estratéxico para a nova PAC

O Consello de Ministros aprobou esta semana un real decreto sobre normas de sanidade e protección animal durante o transporte, que deroga a anterior normativa do ano 2016, e introduce melloras nas condicións de benestar do gando e requisitos para os profesionais. Neste sentido, aclara os tipos de autorización necesarios para levar a cabo o transporte de animais vivos, e amplía os requisitos de formación a determinados colectivos que participan na actividade, entre outras. Esta nova norma forma parte do paquete lexislativo de acompañamento do plan estratéxico para a aplicación da PAC 2023-2027.

O novo texto tamén inclúe as circunstancias baixo as cales un movemento se considera unha actividade económica, establece como obrigatorio para todos os transportistas autorizados dispoñer dun plan de continxencia para posibles situacións imprevistas, e amplía a base de datos nacional de transportes de animais, na que se incluirán tanto novos operadores como persoas con cualificación certificada na materia, aos organizadores que exportan animais e aos operadores de portos e aeroportos.

En relación co transporte de animais en buques de gando, o novo real decreto reforza as condicións para exercer a actividade e as condicións dos medios de transporte. Así mesmo, incorpora os requisitos que deben cumprir os portos e aeroportos para o transporte de animais vivos, que terán que dispor dun servizo veterinario, persoal formado e un plan normalizado de traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información