Administración convocante: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170210/AnuncioG0426-020217-0002_gl.html
Prazo:
Resumo:
A Consellería do Medio Rural subvenciona un total de 25 proxectos innovadores no ámbito agrario e forestal por un montante de preto de 2,8 millóns de euros. A resolución das axudas publicouse hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).
O importe total das subvencións, cofinanciadas con fondos europeos, ascende a 2,8 millóns de euros, con cuantías por beneficiario que oscilan entre os 40.000 e os 180.000 euros.
Entre os plans aprobados, figuran iniciativas que fomentan a aplicación das tecnoloxías da información no sector, como é o caso dunha plataforma online de compra/venda de madeira. Outros proxectos abordan aspectos como a obtención de viños doces e vinagres, o aproveitamento da resina ou a cría do caracol.