Africor Lugo celebra este sábado a primeira poxa de gando frisón do ano

Publicidade
Africor Lugo celebra este sábado a primeira poxa de gando frisón do ano
Data inicio: 13/02/2016
Data fin: 13/02/2016
Lugar: CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA, Castro Riberas, España

Este sábado,13 de febreiro, celebrarase en Castro Ribeiras do Lea a primeira poxa de gando frisón do ano organizada polo Concello de Castro de Rei en colaboración con Africor Lugo.

Segundo informa Africor Lugo “presentaranse tanto vacas paridas como xovencas próximas ao parto”. “Todos os animais contan con análises sanitarios, son animais criados en explotacións da nosa provincia, adaptados ás nosas condicións de manexo (….) e sen ter que depender do exterior para repoñer animais”, salientan dende a web de Africor Lugo.

Ademais, grazas á colaboración de Xenética Fontao, “os compradores recibirán tres doses de cada un dos actuais touros números un en España: Delano, mellor touro probado e Quixote, mellor touro con proba xenómica”. O transporte é gratuíto para as ganderías compradoras da provincia de Lugo.

Nesta ocasión, como novidade, Africor Lugo salienta que “a Granxa Gayoso Castro, presenta tres machos para monta natural, procedentes das mellores familias de vacas coas que está a traballar”.

Os interesados en participar na poxa, deben acudir ao Mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea as 12:00 da mañá do sábado día 13 de febreiro. Non se precisa inscripción previa para participar.

Podes consultar nesta ligazón a lista de animais que se van poxar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información