Aemet prevé un verán en Galicia con temperaturas normais pero con menos precipitacións

Aemet prevé un verán en Galicia con temperaturas normais pero con menos precipitacións

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ven de facer públicas este mércores as súas predicións para o verán, que se prevé en Galicia con temperaturas normais pero con menos precipitacións.

En concreto, Aemet prevé que “para os meses de xullo, agosto e setembro hai unha maior probabilidade de que a precipitación sexa inferior aos valores normais”, unha predición que estende a toda España, e que toma como referencia o período 1981-2010.

En canto ás temperaturas, afirma que para o verán “no cadrante Noroccidental -Galicia, Asturias, e León- non se aprecian diferencias significativas con respecto á climatoloxía”, mentres que no resto de España a previsión é que as temperaturas acaden valores superiores aos normais.

Unha primavera moi fría e húmida

En canto á primavera que vimos de rematar, o balance que fai Aemet é que en Galicia foi fría e moi húmida, especialmente nos meses de marzo e de abril. Así, en marzo as precipitacións superaron nun 75% aos valores normais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información