Aberto o prazo do programa CULTIVA 2023 para estancias de novos agricultores e gandeiros en explotacións modelo

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación abriu o prazo de presentación de solicitudes para o programa CULTIVA 2023, que se prolongará até o día 24 de novembro.

Este programa, dirixido a novos agricultores e gandeiros, consiste na realización de breves estancias formativas en explotacións modelo repartidas por todo o territorio nacional.

Os participantes desta experiencia formativa poderán seleccionar a explotación onde desexen realizar as estancias no catálogo publicado na web do ministerio. Tamén estará dispoñible un buscador onde estarán dispoñibles por territorio, datas e produción agraria. As estancias realizaranse a partir do mes de xaneiro de 2024.

Nesta edición ampliouse a posibilidade de participar a profesionais agrarios menores de 41 anos, ou que se instalaron no últimos cinco anos cunha idade inferior ou igual a 40 anos. Tamén se abre a posibilidade de elixir explotacións con producións iguais ou diferentes ás dos solicitantes, independentemente do sector e do territorio.

Os gastos de aloxamento, manutención e transporte dos mozos están cubertos polo programa CULTIVA. Ademais, contarán cunha compensación por gastos de substitución para contratar a unha persoa que atenda e xestione a súa explotación durante este período.

As máis de 180 estancias ofertadas están organizadas polas entidades colaboradoras do programa: Asociación Agraria Jóvenes Agricultores (ASAJA), Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta (ASOPORCEL), Cooperativas Agroalimentarias de España, Coordinadora de Organizacións de Agricultores y Ganaderos (COAG), San Isidro Micas, Unión de Esueolas Familiares Agrarias (UNEFA), Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA), e Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos..

Para coñecer mellor as posibilidades e o funcionamento do Programa CULTIVA, vaise a realizar unha xornada informativa online o próximo 8 de novembro a través das canles de comunicación da Rede PAC.
É posible acceder a toda a información sobre o evento e o seu link de inscrición na seguinte ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información