Aberto o prazo de matrícula da VII edición do Máster Terra ata o 4 de agosto

Aberto o prazo de matrícula da VII edición do Máster Terra ata o 4 de agosto

Esta disciplina, máis coñecida como masterra, é unha actividade pioneira a nivel nacional, pois de todas as universidades españolas tan só a Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo a ofrece dende unha perspectiva multisectorial. Orientada a un perfil académico do investigador, está especializada na optimización da extensa riqueza territorial galega, lucense e española.

A modalidade telepresencial é outro dos aspectos que fan que esta sexa unha iniciativa única no ámbito universitario español. A través deste sitema, a Escola Politécnica ofrece a posibilidade de que alumnos extranxeiros e doutras universidades completen o curso sen necesidade de desprazarse a Lugo, participando no desenvolvemento da actividade lectiva nas aulas.

Cada ano, este tipo de formación vaise consolidando máis, de tal xeito que é acollida por un bo número de estranxeiros. Concretamente, e segundo as estatísticas que manexa a organización, o 15% do estudantado soe ser internacional, preferentemente de Brasil, México, Colombia, Portugal e República Checa; entre o 15-20% nacional e, o resto, da comunidade autónoma.

Composición do máster

O masterra dspón de 60 créditos e 22 prazas, da que 3 son a tempo parcial e 8 reservadas para alumnos de fóra do territorio nacional. A matrícula pode realizarse a través da páxina oficial da USC, na seguinte ligazón: httpps://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp.

Ten unha duración de ata dous anos como máximo. Aborda a xestión territorial, integrando coñecementos doutras titulacións como as Enxeñerías de Montes ou Agrónomos, Arquitectura, Xeografía ou Economía. As materias que se imparten están relacionadas coa política de desenvolvemento do territorio, a xestión das terras, a avaliación dos plans urbanísticos, valoracións catastrais ou técnicas de análise de información espacial como os coñecidos xeoradar ou drons. Ten, por tanto, unha relevante e aplicación práctica en cada metro cadrado do territorio, ben sexa este urbano ou rural.

Dezaseis profesionais expertos na materia e outros quince visitantes integran o persoal docente. Conta coa colaboración e financiamento de entidades públicas e privadas, tales como a Deputación de Lugo ou a Fundación Juana de Vega. Os mellores proxectos de fin de máster tamén serán publicados pola USC nunha das publicacións anuais da mesma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información