Aberta a solicitude para o curso de adestramento de cans de pastoreo en Cospeito

Publicidade
Aberta a solicitude para o curso de adestramento de cans de pastoreo en Cospeito

A Deputación de Lugo colabora na celebración do Curso de Adestramento de Cans de Pastoreo, que se celebrará na parroquia de Santa María de Cospeito os vindeiros días 2 e 3 de xullo.

Será impartido polo experto navarro Alejandro Ibarra Artús. As prazas dispoñibles son 20 e o prezo é de 50 euros. Os interesados poden formalizar a súa reserva no teléfono 660541534 ou no correo victordagrelo@hotmail.com.

Está dirixido, principalmente, a gandeiros, pois recibirán formación práctica de pastoreo con cans. Explicaranse as técnicas que mellor se adaptan ás características do terreo, aos animais do rabaño ou ao carácter do propio can. Tamén se proxectarán vídeos formativos, dos que os participantes obterán copias para facilitar os coñecementos recibidos.

As actividades do Curso de adestramento de cans de pastoreo, desenvolveranse en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:00 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información