A PAC 2023 poderá pagarse a partir do vindeiro 16 de outubro

Hai 622.404 solicitantes, o que comprende en 22,2 millóns de hectáreas declaradas, polo que, o importe total destas axudas ascende a 4.875 millóns de euros. O número de explotacións demandantes destas axudas redúcese un 3,95% con respecto ao 2022

A PAC 2023 poderá pagarse a partir do vindeiro 16 de outubro

A superficie declarada nas solicitudes mantense nas 22,2 millóns de hectáreas. / Fonte: Imaxe de Arquivo

Un total de 622.404 de agricultores e gandeiros presentaron a solicitude única das axudas da Política Agraria Común (PAC) para 2023, primeira campaña na que se aplica o Plan Estratéxico Nacional de 2023-2027. Estas solicitudes comprenden máis de 22,2 millóns de hectáreas declaradas. A ampliación do prazo até o 30 de xuño permitiu tramitar todas as solicitudes.

En canto ao número de explotacións agrarias que solicitan as axudas rexistrouse unha diminución do 3,95 % con respecto á campaña de 2022, en liña coa tendencia constante das últimas décadas. “Este indicativo, xunto á estabilidade da superficie total declarada, explícase pola profesionalización do sector, posto que hai menos explotacións solicitantes, pero estas son de maior dimensión”, explican desde o Ministerio.

O importe total das axudas directas para a campaña 2023 ascende a 4.875 millóns de euros, que as comunidades autónomas poderán pagar en forma de anticipos a partir do 16 de outubro e ata o 30 de novembro. A cantidade anticipada do pago das axudas directas incrementarase do 50 ao 70%. A máis tardar, o 30 de xuño de 2024 estarán efectuados os pagos na súa totalidade.

O 75 % dos agricultores e gandeiros solicitantes das axudas pediu algún ecorrexime. Esta proporción é maior en termos de superficie, xa que os 19,1 millóns de hectáreas para as que se solicitou algún ecorrexime representa o 87 % do total da declarada na solicitude única, porcentaxe superior ao planificado no plan estratéxico. 

Así, por exemplo, os ecorreximes supuxeron un incremento das superficies con cubertas espontáneas ou inertes en cultivos leñosos, que alcanzan 2,4 millóns de hectáreas, conforme á cifra de 1,3 millóns de hectáreas, aproximadamente, estabilizada durante os últimos 5 anos. Ademais, 6,7 millóns de hectáreas destináronse a mantemento de pastos gandeiros extensivos; en 5,4 millóns de hectáreas realizáronse rotacións con especies mellorantes; aproximadamente 1,4 millóns de hectáreas acolléronse á práctica de sementa directa e 3 millóns de hectáreas á práctica de espazos agrícolas para a preservación da biodiversidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información