A soia, a principal fonte de proteína na alimentación da cabana gandeira da Unión Europea, para a produción de carne e leite, está perdendo peso tanto en Galicia como no conxunto da UE. Así se desprende dos últimos datos tanto da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC) como da Federación Europea de Fabricantes de Alimentos Compostos (FEFAC).
Así, a soia pasou de representar no ano 2008 o 20% do penso fabricado en Galicia (2,7 millóns de toneladas), ao 14,3% do total de penso fabricado (2,9 millóns) en 2014. En toneladas, o consumo de soia en alimentación animal en Galicia pasou de 545.000 toneladas a 415.000 toneladas.
Pola contra, se no 2008 o consumo de colza en Galicia para alimentación animal foi dunhas 18.000 toneladas anuais, segundo as estatísticas de AGAFAC, no 2014 o consumo de colza na nosa comunidade foi dunhas 194.000 toneladas, toda procedente de Centroeuropa e de Francia. No mesmo período, tamén aumentou a súa presenza os DDG´S -fundamentalmente millo procedente das plantas de biodiésel-, que pasaron de 77.000 toneladas a 96.000 toneladas.
Consumo anual (t/año) de pienso y DDGS, TS, TC, TG y pienso en la Comunidad Autónoma de Galicia entre los años 2008 y 2014. Agafac, 2015
GALICIA, t/año |
2008 |
2009 |
2010 |
2011 |
2012 |
2013 |
2014 |
DDGS |
77.803 |
77.352 |
83.210 |
106.049 |
81.416 |
71.794 |
96.644 |
TS |
545.940 |
444.734 |
455.098 |
451.525 |
339.571 |
308.261 |
415.621 |
TC |
17.971 |
74.506 |
99.095 |
118.000 |
171.016 |
137.199 |
193.743 |
TG |
38.769 |
45.451 |
38.790 |
33.859 |
40.415 |
40.684 |
52.491 |
Pienso |
2.723.426 |
2.6360648 |
2.699.997 |
2.732.113 |
2.7530590 |
2.762.315 |
2.909.027 |
Gráfico 1.6. Evolución del consumo (t/año) de materias primas proteicas en Galicia
(España) desde el año 2008 al 2014. AGAFAC, 2015
O conxunto da UE tamén reduce as importacións de soia
No conxunto da Unión Europea tamén se ven producindo unha caída das importacións de soia no período 2005-2013, segundo os datos de FEFAC. Así, pasou de importar, fundamentalmente de Sudamérica, uns 35 millóns de toneladas no ano 2005 a uns 27 millóns de toneladas no 2013. Este descenso viuse compensado fundamentalmente polo aumento da produción europea de colza -pasou de 7 a uns 13 millóns de toneladas no mesmo período e, en menor medida, de xirasol.
Gráfico 1.5. Evolución del consumo de materias primas proteicas (miles de t) en la UE-27 desde el año 2005 al 2013. FEFAC, 2013; FEDIOL, 2014.
A Unión Europea márcase como obxectivo reducir a súa dependencia da soia importada
Precisamente a Comisión Europea traballa dende hai anos no obxectivo de reducir a dependencia do exterior da proteína vexetal tanto para alimentación humana como animal, e en especial da soia.
Neste contexto, enmárcase a crecente produción de colza e de xirasol na Unión Europea e as reducións das importacións de soia. “É estratéxico para a Unión Europea depender cada vez menos das importacións de soia, xa que se importa en máis dun 90% e a dependencia de proteína vexetal exterior é de máis dun 70%. Neste sentido, o feito de producir en Europa colza e DDG´s axuda a reducir esa dependencia”, conclúe Eugenio Cegarra, director do Departamento de Formulación da empresa Núter Feed e membro da Comisión Técnica de AGAFAC.