O prezo do leite en orixe baixou en maio arredor dun cuarto de céntimo tanto en España como en Galicia, segundo os datos referidos a este mes que ven de publicar o Fega. Deste xeito o prezo medio en España foi de 0,316 euros o litro, fronte aos 0,318 de abril. En Galicia a baixada foi lixeiramente superior, de forma o que o prezo do leite en orixe quedou nunha media de 0,305 euros o litro, fronte aos 0,308 de abril.
En canto á produción, en España medrou un 3,97% respecto ao mes anterior, acadando as 637.733 toneladas. En Galicia a suba foi maior, do 5,12%, chegando ás 243.069 toneladas.
A cifra de gandeiros con entregas foi de 14.184 en todo o territorio nacional, dos que 7.842 son galegos.
Polo que respecta ás calidades do leite, no mes de maio baixaron lixeiramente, quedando nun 3,6 de graxa e nun 3,26 de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, as calidades foron superiores: un 3,73 de graxa e un 3,27 de proteína.
O 37% do leite galego entrégase noutra Comunidade Autónoma
O Fega tamén publica os datos de entregas no período de xaneiro a maio, co seguinte resultado: