O Centro de Formación Rural Efa-Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), ven de facer público o seu programa de actividades para os próximos meses.
Como actividades de formación continua máis próximas e que están abertas ao público xeral destaca o “Curso de Benestar Animal para transportistas e persoal de granxas”. Desenvolverase na semana do 22 ao 26 de maio, en horario de 09.00 a 15.00 horas. Trataranse contidos relativos ao benestar animal en granxas, transporte e matadoiros. Hai algunhas prazas dispoñibles para outras persoas.
Outra actividade a salientar é o de curso de muxido, que se celebrará do 29 de maio ao 2 de xuño en horario de 09.00 a 13.30 horas. Desenvolverase en colaboración con varias explotacións gandeiras da zona de Bergantiños. O obxectivo que se pretende é formar técnicos cualificados nas rutinas de muxido de acordo coas esixencias de sanidade, hixiene, benestar animal e calidade do leite.
Velaquí o programa completo de actividades: