O vindeiro 2 de setembro, sábado, celebrarase na vila lucense da Fonsagrada o tradicional concurso e exposición de gando vacún de carne, que atrae tanto a produtores de Galicia como de Asturias.
A cita inclúe mercado gandeiro, concursos morfolóxicos tanto de raza Rubia Galega como Asturiana de los Valles, degustación gratuíta de carne de Tenreira Galega Suprema e poxa de xovencas de Rubia Galega organizada por ACRUGA.
Velaquí o programa: