Subas en Ternera Gallega no Mercado de Amio

Subas en Ternera Gallega no Mercado de Amio

Gando comercializado baixo o selo de Ternera Gallega. // Foto de arquivo.

A Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que marca prezos de referencia no Mercado de gando de Amio, acordou este mércores unha suba de 0,05 euros nas canais de tódalas categorías e calidades deste selo.

Os prezos mantivéronse sen cambios con respecto da semana anterior para o vacún de recría e tamén para o de matadoiro, tal e como se recolle na sondaxe realizada entre os usuarios do mercado de gando. Con todo, segue habendo unha tendencia á alza nos prezos do vacún maior de abasto.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.884 reses, o que supón 180 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.469 cabezas de vacún menor (124 máis que na sesión anterior), 166 de vacún mediano (37 máis) e 249 exemplares de vacún grande (19 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (9-III-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información