4 adegas coparon o 72% das axudas da Xunta para promover o viño galego fóra da Unión Europea

Publicidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dan a coñecer os beneficiarios das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, isto é, fóra da Unión Europea. Así, na convocatoria deste 2020 saíron beneficiarias un total de 19 entidades cunha achega global de 1,3 millóns de euros.

Porén, o 72% destas axudas foron para catro adegas e entidades, todas elas da Denominación de Orixe Rías Baixas: o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, que recibiu 371.239,16 euros; a adega Terras Gauda, con 249.961 euros; a cooperativa Bodegas Martín Códax, S.A.U., que recibiu 172762 euros de axudas e a adega Pazo Pondal SLU que tivo unha achega da Xunta de 146.663 euros.

 

Beneficiarios e axudas concedidas:

Nome

Axuda concedida

Ernesto Rodríguez Pérez

6.540,00 €

Docampo, S.A.

9.690,00 €

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

172.762,20 €

Agro de Bazán, S.A.

76.483,22 €

Bodegas Terras Gauda, S.A.

249.961,53 €

Bodegas Fillaboa, S.A.

13.305,00 €

Don Bernardino, S.L.

6.540,00 €

Maior de Mendoza, S.L.

19.445,40 €

Pazo de Señoráns, S.L.U.

44.812,17 €

Adegas Valmiñor, S.L.

80.143,83 €

Lagar de Besada, S.L.

7.965,00 €

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

33.072,00 €

Pazo Pondal, S.L.U.

146.663,33 €

Viñas e Adegas Galegas, S.L.U.

48.048,00 €

Just B Galicia Wines, S.L.

3.222,00 €

Viña Costeira, S.C.G.

14.967,16 €

A Portela SAT

19.968,00 €

Bodegas Eidosela, S.C.G.

20.244,00 €

C.R.D.O. Rías Baixas

371.239,16 €

Ao abeiro destas axudas, que están financiadas ao 100% polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), subvenciónanse as accións e actividades de promoción nas que se dean a coñecer as características dos viños con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como os viños varietais. Entre as accións promocionais destacan campañas publicitarias, misións comerciais, promocións en puntos de venda, catas, feiras, presentacións de produto, xornadas, seminarios, degustacións, etc.

A esta liña de subvencións, que se resolveu en menos dun mes, puideron acollerse as empresas vinícolas, as organizacións de produtores e as súas asociacións, así como os órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas de viño e as cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

Tamén se puideron beneficiar destas achegas as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola, que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños, as organizacións profesionais e interprofesionais do sector e as asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información