A Xunta abre a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira

A consulta abrirase a partir deste martes 26 de marzo até o 15 de abril

A Xunta abre a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira

A Xunta de Galicia abrirá a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira que estará dispoñible desde mañá martes, 26 de marzo, ata o 15 de abril para recoller a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas relacionadas con este sector.

Esta industria é unha das declaradas estratéxicas polo Consello da Xunta, xunto coa metalmecánica, a automoción, a construción naval, a industria das TIC e a loxística industrial e supón un 6 % de negocio da industria galega, así como un 10 % do emprego industrial da Comunidade.

Con esta consulta pública, que se activa mañá 26 de marzo a través do portal de transparencia e goberno aberto, a Xunta segue avanzando para impulsar este novo instrumento – os plans directores – co que se pretende potenciar o desenvolvemento da actividade industrial no sector concreto que corresponda. Con esta xa son catro as consultas públicas abertas: as de automoción e naval, cuxo prazo finaliza hoxe, e a da industria das TIC, aberta ata o vindeiro 8 de abril.

Pretende ser, ademais, unha ferramenta consensuada e baseada no diálogo pois na elaboración de cada plan participará o sector privado, representantes dos traballadores e resto de axentes implicados. Antes da súa aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia será necesario o informe do Consello Galego de Economía e Competitividade.

Os distintos plans contarán con medidas, mecanismos e medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.

Os plans directores, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais son instrumentos da planificación da política industrial da Xunta enmarcados nunha estratexia que ten como obxectivo facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega.

Ligazón á consulta pública

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información