Xornada do Rural “Pousa Antelo” este sábado na Baña

A VII Xornada do Rural ‘Pousa Antelo’ terá lugar no local social de Ordoeste (A Baña) o vindeiro sábado 26 de novembro. Trátase da sétima edición dunha xornada que organiza anualmente a Asociación Cultural «Afonso Eanes» e que pretende divulgar aspectos relacionados co mundo rural, tanto desde o punto de vista técnico como desde un punto de vista social ou cultural.

Están dirixidas a calquera tipo de público interesado nestes temas e especialmente á xente do rural da comarca de Barcala. As xornadas están dedicadas a Avelino Pousa Antelo, destacado galeguista e agrarista de orixe barcalés, que traballou boa parte da súa vida en temas relacionados coa agricultura e o cooperativismo.

Nesta sétima edición, a xornada inclúe charlas, coloquios e un xantar colectivo ao final. A entrada é gratuíta e só será preciso anotarse no caso de participar no xantar previsto (11 euros), para o que se pode escribir ao correo electrónico afonsoeanes@gmail.com ou no teléfono 627 162 939

O programa da xornada é o seguinte:

xornada pousa antelo 22 programa xornada pousa antelo 22 estandar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información