O Museo do Viño de Galicia en Ribadavia acollerá este sábado, 27 de abril, o encontro ‘Falemos do futuro da vitivinicultura galega’. Esta xornada será de entrada libre até completar aforo.
Este encontro estará moderado por Lois Congil, de Consultora de Comunicación.
Ás 10 horas intervirá Xoan Cannas director do Instituto do Viño coa ponencia ‘Viños e proxectos de alto valor engadido. Unha porta aberta ao futuro’.
Ás 11 horas Miguel Crunia, sumiller e divulgador de viños atlánticos exporá a súa palestra ‘Consumo de viño no Reino Unido. Estratexias e mercados para os viños galegos’.
Ás 12:30 Carmen Fernández, redactora de Vinetur.com disertará co tema ‘O viño como experiencia: enoturismo e venta en orixe’.
Ás 13:30 Alejandro Paadín, enxeñeiro, sumiller e autor da ‘Guía de Viños de Galicia’ falará sobre ‘Tendencias e motivacións no consumo de viño, produtores vs consumidores’.