Xornada en Lugo sobre produción de carne a base de pasto, unha oportunidade económica

O vindeiro 23 de novembro celebrarase en Lugo a presentación dos resultados do grupo operativo “Carne de vacún a pasto”, un proxecto no que se busca reducir os custos de produción das ganderías de vacún de carne cunha alimentación do gando o máis baseada posible no pasto.

A xornada celebrarase na sala de xunta da Facultade de Veterinaria co seguinte programa:

16:00 horas. Introducción a cargo de Xan Pouliquen Kerlau, coordinador do Grupo Operativo “Carne de vacún a pasto”.

16:30 horas. “Análise da rendibilidade da produción de carne”. Ibán Vázquez Gonzalez, profesor de Economía Aplicada da USC-Campus Terra.

17:00 horas. Mesa de debate: “Vacún a pasto, é posible e é rendible?”. O debate será moderado por Mar Pérez Fra, profesora do departamento de Economía Aplicada da USC. Intervirán:

-Abel Fernández López, gandeiro.
-Ruth Rodríguez Bermúdez, profesora axudante da área de Produción Animal da Facultade de Veterinaria.
-José Gómez Viaño, secretario executivo do Consello Regulador da IXP´s de Carne de Vacún de Galicia.
-Santiago Crecente Campo, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL).

xornada 21 de novembro carne pasto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información