Xornada de portas abertas de maquinaria forestal en Barreiros

Publicidade
Xornada de portas abertas de maquinaria forestal en Barreiros

Exposición de maquinaria forestal

Data inicio: 25/02/2017
Data fin: 25/02/2017
Lugar: Ctra. General Mañente, 27, 27790 Barreiros, Lugo, España

O Centro Técnico de Maquinaria Forestal (Tecmaf) en colaboración con Forest Pioneer organiza o vindeiro sábado, 25 de febreiro, unhas xornadas de portas abertas para expoñer as últimas innovacións en maquinaria forestal.

As xornadas, que se celebrarán na sede de Tecmaf, (Polígono Industrial Barreiro – Parcela 35. 27790 San Cosme de Barreiros-Lugo), comezarán ás 11 horas e finalizarán ás 14h30 horas. Despois haberá unha comida para
os asistentes.

O servizo comercial de Forest Pioneer estará presente para informar os asistentes sobre as máquinas novas que se expoñerán:

-2 Autocargadores Logset 5FP GT 8×8, 12Ton, 230cv
-2 Autocargadores Logset 8F GT 8×8, 15Ton, 250cv
-1 Procesadora Logset 8H GT 6×6, con AFM 55 Pine
-1 Taladora TimberPro TL725C con TDS 22, con nivelación de cabina
-1 Retro 20 Ton con AFM 60 e cabrestante
– 1 Simulador Logset para a formación de maquinistas.

En canto á maquinaria usada, expoñeranse:
-NEUSON 242+AFM 60
-TBJ1070+H754
-LIEBHERR 914 + AFM 60
-KOMATSU PC228C + AFM 60
-AFM 60 EUCA
-QUADCO 2400
-QUADCO 18C/4
-LOGMAX 700
-WARATAH 754
-PONSEE H53

Ademais, nos 3.000 m2 de taller de Tecmaf o visitante poderá:
-Visitar os talleres.
-Visitar a zona de recambios, latiguillos e racores.
-Visitar a zona de formación de maquinistas forestais.
-Ver traballos de calderería, mecánica, electricidade e electrónica.
-Ver modificacións de escavadoras para adaptación a forestal.
-Ver montaxes de cabrestantes.
-Ver montaxes de cabezais.

Para asistir é necesaria confirmación, sobre todo para a comida a:

Manuel MATA [email protected] 637 847 966

Iratxe ZORRAQUINO [email protected] 678 407 948

Martín CILLERO [email protected] 982 122 623

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información