Agricultura

Xinzo de Limia e Coristanco acollen este mes unhas xornadas sobre optimización do cultivo de pataca de calidade

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/04/2024 12:54 p.m.

A localidade ourensá de Xinzo de Limia e a coruñesa de Coristanco acollerán o 17 e 18 deste mes, respectivamente, dúas xornadas técnicas sobre optimización do cultivo de pataca de calidade.

As xornadas están organizadas pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

No caso de Xinzo, celebrarase o día 17 no salón de plenos do concello en horario de 09:30 a 14:00 horas e en Coristanco terán lugar o día seguinte, 18 de abril, no Edificio Multiusos co mesmo horario e programa. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a patacadegalicia@patacadegalicia.es

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao programa, presentará as xornadas o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, quen dará paso ao consultor Fernando Alonso Arce, quen cun relatorio sobre “Posibles problemas na produción de pataca na campaña 2024” analizará cuestións como a escaseza de semente, posibles problemas ocultos, calidade fitosanitaria da semente e diferentes aspectos sobre a conservación e o manexo do tubérculo. Alonso tamén apuntará algúns posibles riscos da práctica de reempregar a pataca de semente.

O terceiro relatorio analizará a regulación da pataca de sementeira, en concreto en relación con aspectos como os requisitos fitosanitarios, os parámetros de calidade e os posibles procedementos de reclamación ante incumprimentos da normativa.

Pecha o programa de ambos os encontros unha mesa coloquio moderada por José Manuel Gómez, presidente do IXP Pataca de Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada