Véndense boxes dobres para becerros

boxes becerros Gandería Melenas SCGandería Melenas SC, ubicada no concello coruñés de Mazaricos, pon á venda un lote de 22 boxes dobres para becerros con capacidade para albergar a dous animais.

Os recintos, construídos en estrutura metálica, cumpren coa normativa de benestar animal e teñen unhas dimensións de 2 metros de longo por 1 de ancho. 

Están especialmente indicados para o destete dos becerros e becerras, xa que veñen preparados con soportes para a colocación de caldeiros de leite con tetina, caldeiro de auga e comedeiro para penso. Serven tanto para recría de tenreiras en ganderías de vacún de leite como para cebo de xatos en explotacións de carne. 

O propietario da granxa, Jonathan Cives, vende o lote completo, formado por 22 boxes, a un prezo de 175€ cada un. As persoas interesadas poden chamar por teléfono ao 678621048

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información