Unións demanda que a Xunta aprobe os plans de mellora e reduza a burocracia para as axudas de incorporación

Unións demanda que a Xunta aprobe os plans de mellora e reduza a burocracia para as axudas de incorporación

Instalacións de gandería Sar

Unións Agrarias pide que a Xunta de Galicia axilice a burocracia para as axudas de incorporación de mozos á actividade agraria. O sindicato valora a decisión do goberno galego de elevar ata 26 millóns o orzamento par estas axudas como “unha boa nova que ven dar un pouco de luz Á renovación da base produtora agrogandeira galega”

Porén, o sindicato considera que “esta vontade política de procurar un novo impulso para rural expresada polo presidente, vaise ver moi minguada pola burocracia exasperante coa que actúa a Consellería de Medio Ambiente á hora de abordar os expedientes”. “Unha realidade -engaden- que se leva arrastrando desde hai moitos meses e que impide establecer un calendario de obras razoable nas granxas porque non existe un criterio serio sobre a morfoloxía dos equipamentos que se poden levantar, (foxas de purín, silos, cortes, etc)”.

Así, dende UUAA denuncian que “en moitas ocasións a norma de Medio Ambiente queda condicionada de xeito aleatorio pola interpretación dun funcionario que facendo unha lectura rigorista da mesma pode prohibir as mesmas obras nunha granxa que permite facer noutra”.

Dous anos sen convocatoria dos plan de mellora

Por outra parte, o sindicato lembra que no anuncio do presidente da Xunta de Galicia de aumentar as axudas de incorporación “nada se fala dos fondos destinados aos plans de mellora das explotacións, que levan dous anos sen convocatoria e son imprescindibles para manter as produtividades nas granxas de vacún de leite”. Desde Unións Agrarias espérase que as solicitudes presentadas neste ano sexan contempladas ao 100% das mesmas tendo en conta a situación de prezos que atravesa o sector.

Ademais, dende Unións advirten de que a “situación de incerteza legal e os retrasos creados pola propia Xunta coa publicación da Lei do Solo, dificulta a viabilidade de moitas de explotacións agrogandeiras galegas fundamentalmente debidos á indefinición da nova lei en moitos puntos e á necesidade de modificación dos proxectos en moitos outros”. Por todo iso, o sindicato agarda que “a curto se prazo se cheguen a suprimir estas trabas sen sentido”.

Por último, UUAA pide que “se viabilice e se axilice a chegada dos fondos previstos para as incorporacións de mozos posto que a realidade de abandono da actividade económica no rural galego é un fenómeno moi preocupante”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información