Viña

Terras Gauda entra no capital de adegas Gargalo, en Monterrei

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/04/2024 6:08 p.m.

Terras Gauda, a popular adega de Rías Baixas, entra en adegas Gargalo, o proxecto de Roberto Verino na D.O. Monterrei, cun 25% do capital. O equipo humano de Terras Gauda, en estreita colaboración co de Adegas Gargalo, asumirá a xestión de todas as áreas de actividade, principalmente a dirección enolóxica, empresarial e comercial, loxística, internacionalización, e enoturismo, entre outras; lideradas por profesionais con longa traxectoria no sector.

Ambos os grupos adegueiros darán forma á xa acordada participación do 25% de Terras Gauda no capital social de Adegas Gargalo dado o potencial do Godello e os viños tintos da D.O. Monterrei. Esta incorporación ao seu proxecto empresarial é unha alianza estratéxica forxada polos puntos de identidade común: diferenciación, orgullo de pertenza aos seus respectivos territorios, a posta en valor das variedades nobres e a procura da excelencia en todos os procesos. En definitiva, a elaboración de viños únicos, en comuñón coas súas orixes, guiados pola sustentabilidade, desde o máximo respecto á preservación da contorna, con vocación de transcender ás xeracións futuras.

José María Fonseca e Roberto Verino cualificaron o acordo como “un pacto entre cabaleiros” durante a presentación en Adegas Terras Gauda. Ambos coinciden en que, con esta unión, suman forzas en busca dun obxectivo común. Trátase dun compromiso a medio e longo prazo sobre a base dos valores que comparten, a estreita relación entre ambas as sociedades, o traballo ben feito e a amizade persoal que os une, que parte do respecto e a admiración muta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O equipo humano do grupo, en colaboración co da adega de Monterrei, asumirá a xestión de todas as áreas de actividade: dirección enolóxica, empresarial e comercial, exportacións, loxística, e enoturismo, entre outras, achegando a súa experiencia e coñecemento para reforzar o posicionamento de Adegas Gargalo no mercado nacional e internacional, diversificar as súas canles de venda e potenciar a diferenciación dos seus viños. O modelo do grupo adegueiro está avalado por unha traxectoria de éxito e a súa relevancia no sector vitivinícola.

Polo potencial de crecemento da Adega Gargalo, trátase dun acordo estratéxico para o Grupo Terras Gauda, que lle permitirá incluír no seu porfolio o excelente e prestixioso Godello Gargalo, moi demandado polos diferentes mercados tanto en hostalería como nas canles de distribución, e tintos doutra denominación de orixe galega de referencia.

Adegas Gargalo
Fundada por Roberto Verino, a súa identidade construíuse sobre a elaboración de viños de alta calidade co carácter da terra e a vocación de ser un referente de prestixio dentro do viño galego. Tamén con vontade de liderar os viños de alta gama preservando a natureza, respectando o medio ambiente e comprometidos coa sociedade e a contorna. Actualmente, cultiva diferentes variedades autóctonas, prioritariamente godello, nas súas 20 hectáreas de viñedo emprazadas en lugar privilexiado, ao pé do Castelo de Monterrei en Verín.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Grupo Terras Gauda
A vocación universal, a visión a longo prazo, o respecto á orixe, crear viños de marcada singularidade e manter a autenticidade de cada unha das adegas define a filosofía empresarial do grupo, cuxas raíces están no Rosal. O seu proceso de expansión está baseado na diferenciación, a sustentabilidade, a internacionalización e na diversificación xeográfica, que se iniciou nas Rías Baixas, desde onde deu o salto ao Bierzo (Adegas Pittacum), o Val do Douro (Quinta Sardonia) e a D.O. La Rioja (Compañía de Vinos Heraclio Alfaro). Na actualidade, comercializa máis de 2,8 millóns de botellas, cun nivel de exportacións do 30% e está presente en 70 mercados de todo o mundo, con Estados Unidos, Reino Unido, Noruega, Alemaña e Puerto Rico como países de referencia.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada