Aspectos técnicos e económicos para a profesionalización da Faba de Lourenzá
No marco do programa de actuación 2025 da rede Eusumo, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organizou unha nova xornada formativa e informativa sobre produción agrícola coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá como protagonista. Falouse de posicionamento nos mercados, de novas fórmulas de consumo e de aspectos legais e agronómicos. As conclusións foron claras: hai que apostar por unha produción de alta calidade, cunha práctica agrícola profesionalizada, co amparo dos selos diferenciadores e transmitindo o consumidor a paisaxe, as familias e as tradicións que levan a faba ata o seu prato.