Axudas para constituír e iniciar a actividade de Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR)

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar.

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150114/AnuncioG0165-020115-0003_gl.html

Prazo: Ata 15/03/2015

Resumo:

Igual que nas anteriores convocatorias, preséntanse dúas liñas de axudas. Por un lado, as destinadas a constituír SOFOR e por outro as que teñen por obxecto apoiar o inicio da actividade daquelas sociedades con inscrición definitiva no seu correspondente rexistro.

No primeiro caso, poderán solicitar as axudas as agrupacións de propietarios forestais constituídas formalmente e inscritas no rexistro de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Tamén, outras entidades xurídicas de dereito privado que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestionar e comercializar en común os recursos forestais dos terreos que xestionen, inscritas segundo a lexislación sectorial que lles sexa de aplicación. No segundo caso –axudas para inicio da actividade–, poderán solicitar axudas as SOFOR con inscrición definitiva no seu devandito rexistro.

Novidades

Cabe destacar dúas novidades nesta convocatoria de 2015. A primeira, que no baremo co que se avalían as solicitudes prima as iniciativas que se desenvolvan en concellos incluídos nas zonas para revitalizar e intermedias, establecidas no Primeiro Programa de Desenvolvemento Rural Sustentable para o período 2010-2014.

A segunda, que se eleva o importe máximo subvencionable para os custos de investigación e clasificación a 60.000 euros. Ademais, inclúense expresamente os traballos necesarios para localizar os marcos que delimitan as parcelas, o seu levantamento topográfico e o seu trazado sobre plano, a identificación dos propietarios e a valoración do voo.

O orzamento inicial é de 232.614 euros, financiadas a partes iguais pola Xunta e o Ministerio de Agricultura con cargo ao Plan de desenvolvemento rural.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria rematará o vindeiro 15 de marzo.

Más información en este enlace:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150114/AnuncioG0165-020115-0003_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *