Técnicas de laboreo para conservar a saúde do solo

Charla do profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, Adolfo López Fabal “Indicadores de conservación e saúde do solo”, dentro das xornadas organizadas pola EFA Fonteboa sobre Maquinaria Agrícola: Eficiencia enerxética e a conservación do solo

Técnicas de laboreo para conservar a saúde do solo

Técnica de non laboreo.

Humidade do solo e laboreo: tempero

Existe unha relación entre entre a humidade e cohesión ou dureza do solo. A consistencia do solo segundo a humidade pode ser: sólida: moi dura; semisólida: máis fráxil; plástica: deformable ou por último de consistencia líquida, cando está en estado fluído.

Nos estados sólidos, o esforzo de tracción é moi forte, e a medida que gañamos en humidade e solo é máis deformable e require menos esforzo de tracción.

Sen embargo no esforzo de tracción, a parte da dureza, tamén hai a compoñente de adherencia, que é a capacidade de pegarse a terra aos apeiros e ás rodas. A adherencia aumenta cando o solo está húmido.

Cando o solo é plástico, cerca do límite líquido, é cando se acada o máximo de adherencia.

A dureza e a adherencia está moi condicionadas pola textura do solo: os solos arxilosos e limosos, de textura fina, son os máis extremos. En Galicia contamos cun solo máis ben de textura areosa, co que non temos unha situación das peores.

Cando imos facer unha labor debemos saber en que estado está o solo:
-Se queremos facer rulo, grada, o cultivador mellor traballar en seco tal e como se observa na seguinte gráfica:

LABORES_SOLO_01

Impactos do laboreo no solo

O impacto máis habitual é a compactación que consiste na redución de volume e endurecemento do solo tanto polo tractor como polos efectos do apeiro no interior do solo.

Esta compactación vai estar determinada pola humidade, principalmente en solos plásticos e húmidos, e sobre todo se a textura é fina (solos arxilosos ou limosos). Neste sentido, constitúe un risco traballar en solos mollados.

LABORES_SOLO_02
Os efectos son unha menor porosidade, e polo tanto diminúe a capacidade de drenaxe, de retención de auga e hai una menor capacidade das raíces de penetrar no solo.

O efecto da compactación depende da presión que se aplique (do peso e da superficie, tamaño das rodas e inchado), e da humidade: a máis humidade do solo maior compactación.

A compactación superficial diminúe o crecemento radicular: diminúe a auga e o aire presente no solo, co cal a planta medra menos.

LABORES_SOLO_03

Como evitala?

Prevención: evitar tráfico e laboreo con alta humidade.
Actuación: se xa temos compactación debemos romper a capa endurecida con labor superficial

A compactación profunda:
É aquela provocada polo apoio do arado no fondo do surco e no lateral. Esta fricción provoca unha compactación. O efecto máis grave é no fondo do surco, xa que hai unha presión continuada ao longo do tempo que da lugar a unha sola de labor. Isto limita a extensión do sistema radicular, a penetración da auga do solo.

Prevención:

-Evitar tráfico e laboreo con alta humidade.

-Evitar apeiros con maior perigo: arado de vertedeira e fresa, xa que compacta o solo no fondo.

Actuacións:

-Romper a capa endurecida con outra labor máis profunda, que realmente chega a ser un subsolado.

Costras superficiais:

Desestructuración na capa superficial. Normalmente fórmanse por unha lama superficial que logo seca e se cementa. Isto ocorre cando circulamos sobre o solo en estado case líquido, ou simplemente porque chove sobre o solo nú. As gotas de choiva sobre o solo desnudo e pulverizado provocan esta costra ao secarse. Canto máis fina é a textura máis forte e dura será a cementación.

Esta cementación impide a entrada de aire e auga; constitúe unha barreira á xerminación e provoca mala aireación e mala penetración da auga.

Actuacións: Romper a costra cunha labor superficial (grade de púas…etc

Prevención: Evitar o laboreo e tráfico en estado líquido e protexer o solo con cubertas (deixar restos de colleita sobre o chan para evitar que quede desprotexido).

Estamos protexidos da compactación canto máis seco estea o solo. Se está húmido hai risco de compactación e se está en estado limoso provócase embarrado. Canta máis fina é a textura máis grave é o impacto do laboreo.

Erosión hídrica:

Causas:

-Insuficiente cobertura vexetal.
-Intensidade da choiva.
-Pendente.

Consecuencias:

-Perda de solo.
-Empeoramento da calidade: a parte máis fina e fértil.
-Creación de microrelevo, onde é máis difícil o cultivo.

Prevención:

-Limitar o laboreo en pendentes. As de máis dun 10% só se deberían labrar ocasionalmente, e entre o 5-10% deberíase facer prevención.

-Época de labores: hai menos risco en primavera que en outono.

-Rápida implantación da vexetación: aumentar densidade de semente…etc.
-Protección do solo con cubertas vexetais: mulch, restos de colleitas…etc.

Erosión eólica:
Prodúcese cando o solo está moi pulverizado, a veces por efecto da fresa, e cando se secan as partículas máis finas son arrastradas polo vento, sobre todo as arxilas.

Prevención:

-Pulverizar menos o solo.
-Traballar cun solo máis húmido.
-Regalo para evitar a sequidade.
-Aplicar cortaventos.

Indicadores de saúde ou degradación do solo

A fertilidade do solo é consecuencia das propiedades físicas, químicas e biolóxicas do solo. Físicas: extensión radicular, aireación, dispoñibilidade de auga, ancoraxe. Químicas: nutrientes e fitotóxicos. Biolóxicas: microorganismos do solo.

As tres propiedades están interrelacionadas e retroaliméntanse. Un equilibrio das tres compoñentes é a clave da fertilidade do solo.

As propiedades do solo están máis relacionadas co laboreo, pero tamén son as máis limitantes, mentres que as propiedades químicas son máis corrixibles con abonos, encalados…etc.

En canto á información aportada pola analítica de solo, a materia orgánica inflúe moito nas propiedades físicas e nas biolóxicas. Niveles altos de carbono/nitróxeno indican que non está habendo unha boa humificación. Os niveis normais están entre 10 e 12% e cando sobe estamos tendo un problema de calidade do solo.

Información xeolóxica e edafolóxica: O tipo de solo está moi condicionado polo material de partida.

Observación do solo:

Podemos ver a profundidade e pedregosidade do solo. Tamén podemos ver a estrutura, se se forman ben os agregados, que permitan unha boa porosidade. Igualmente, podemos observar a actividade biolóxica, a integración da materia orgánica. Tamén podemos observar as costras superficiais, as capas endurecidas, a erosión ou o encharcamento.

A observación da vexetación tamén é un elemento de observación importante: raíces superficiais indican que o estado do solo non é favorable.

Formas alternativas de laboreo

Laboreo mínimo ou reducido:
Non diminúe tanto o número de labores como de pases. Fanse varios labores con apeiros combinados. Substitúese o arado de vertedeira por outro arado máis vertical. O efecto está máis en reducir a compactación, que o número de labores. O efecto é sobre todo na compactación superficial. Pero o solo segue quedando desnudo, polo que a nivel de costras e erosión seguiría.

Non laboreo: sementeira directa.
Lábrase unha parte pequena onde se planta a semente e o resto do solo déixase sen labrar. Porén, a compactación superficial segue acumulándose e é progresiva. Véndese como unha forma de reducir a compactación, pero á larga é a mesma porque non hai rotura. Ten a vantaxe de que non deixa o solo desnudo, e evita a erosión e a formación de costra. Pola contra, ten o problema do uso de herbicidas.

Laboreo en bandas.
Consiste en labrar bandas de cada vez, non todo o solo. Evita bastante a erosión eólica. As bandas lábranse en momentos distintos. Tamén evita a erosión hídrica. As bandas, para iso, teñen que ser horizontais cando hai pendente.

Laboreo en curvas de nivel:Cando labramos os regos non van a favor da pendente, senón en dirección horizontal, creando un microrelevo que evita que a auga escorra e evita o desprazamento do solo.

Laboreo de conservación:
Deixar os restos do cultivo anterior; sementar encima, normalmente con sementeira directa, co que temos o solo cuberto e evitamos a formación de costra. O laboreo de conservación máis a sementeira directa é unha das principais formas de evitar a erosión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información