Taller sobre tramitación electrónica das cortas de madeira

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria da Consellería do Medio Rural organiza un “Taller CORWEB (tramitación electrónica aproveitamentos madeireiros)” que está previsto celebrar na aula de informática do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo o xoves 28 de outubro de 16h a 20h.

O obxectivo do curso, de carácter gratuíto, é acadar un coñecemento básico da solicitude telemática dos expedientes de aproveitamento madeireiro a través da aplicación CORWEB.

Para iso, no programa explicaranse os seguintes puntos:

-Aspectos normativos dos aproveitamentos madeireiros.

-Características básicas na tramitación electrónica.

-Características básicas aplicativo CORWEB.

-Prácticas tramitación autorizacións e declaracións responsables.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e enviala cuberta a xbruna@xunta.gal

Para máis información chamar aos teléfonos 982 828 622 ou 659 774 678

TALLER CORWEB LUGO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información