Subas na recría de frisón e nos cruces industriais no mercado de Amio

Subas na recría de frisón e nos cruces industriais no mercado de Amio

Nave de recría do mercado de Amio. // Foto de arquivo.

Na sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) rexistrouse unha suba de 10 euros nos prezos da recría de raza Frisoa e nos Cruces Industriais de cor, segundo a sondaxe realizada entre as persoas usuarias do mercado.

Pola súa banda, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.749 reses, o que supón 663 animais menos que a semana pasada, de xeito que se van recuperando as cifras de afluencia habituais do mercado, previas ó paro dos transportes, que deixou sen actividade o recinto durante dúas semanas. En concreto, houbo 1.498 cabezas de vacún menor (497 menos que na sesión anterior), 128 de vacún mediano (58 menos) e 123 exemplares de vacún grande (108 reses menos).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (13-IV-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información