As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola tendencia á suba nos prezos dos becerros de recría, así como no vacún maior. Nas mesas de prezos acordouse baixar os prezos dalgunhas categorías de ovos e seguir subindo os prezos do porco cebado e dos leitóns. O coello mantense sen cambios na Lonxa de Madrid.
En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron en case todas as categorías. Así, na de menos de 20 días, a cotización media remontou ata os 144 euros, fronte aos 130 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu ata os 159 euros por xato, cinco máis que o pasado martes. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos caeron ata unha media de 175 euros, cinco menos que a semana anterior.
En canto aos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos esta semana tamén foron á alza. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias subiron nos machos ata os 319 euros, fronte aos 261 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu levemente, quedando nos 340 euros de media, tres máis que o pasado martes. Nas femias o prezo medio tamén remontou: 226 euros, fronte aos 219 da anterior poxa. Pola contra, nos xatos de máis de 51 días o prezo medio baixou ata os 417 euros, fronte aos 459 euros de media da pasada semana.
No vacún maior a tendencia xeral foi a unha leve recuperación dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.071 euros de media en categoría primeira, 734 en segunda -a máis numerosa- e 468 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.053, 726 e 466 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Baixada dos ovos e sen cambios no coello
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións das categorías XL e S, que quedaron nos 1,41 e 1,03 euros a ducia, respectivamente. Pola contra a L baixou un 0,02% ata os 1,33 euros a ducia e a M un 0,01% ata os 1,25 euros.
Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos da pasada semana: 1,70 euros o quilo.
Suba do porco cebado e dos leitóns
En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,01%, acadando os 1,415 e 1,390 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,805 euros por quilo. O desvelle mantívose sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.
En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse sen cambios esta semana nos 1,730 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea as cotizacións subiron lixeiramente ou mantivéronse estables.
En canto aos leitóns, acordouse subir as cotizacións un 1% ata os 62 euros para os procedentes de varias explotacións e os 67 euros para os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: