As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría, sobre todo os de Cruce Industrial, e pola baixada do vacún maior.
Nos becerros de recría houbo excepcións á suba xeral, como nos de Frisoa de menos de 20 días, que se pagaron a unha media de 105 euros, fronte aos 112 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 127 euros por xato, dous euros máis que o prezo medio pagado o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén baixaron ata os 161 euros, fronte aos 146 euros da semana anterior.
Nos becerros de Cruzamento industrial foi máis evidente a suba de prezos. Na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias subiron e foron de 316 euros fronte aos 256 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu ata os 316 euros, fronte aos 282 de media da última poxa. Nas femias, pola contra, caeu ata os 203 euros, despois de acadar os 217 o pasado martes. En canto aos xatos de máis de 51 días, o prezo medio baixou ata os 408, fronte aos 436 euros da pasada semana.
En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi á baixada dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.058 euros de media en categoría primeira, 685 en segunda -a máis numerosa- e 408 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.063 , 703 e 424 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Ovos e coello estables
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións da pasada semana. Así, a L e a M quedaron en 1,14 e 1,10 euros a ducia, respectivamente. A XL e a S cotizáronse a 1,23 e 0,94 euros a ducia, respectivamente.
Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantívose o prezo do pasado martes: 1,65 euros o kilo.
Estabilidade no porcino
En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os prezos da pasada semana. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,355 e 1,330 euros por quilo, respectivamente; para a Canle II acordouse un prezo de 1,727 euros por quilo. E na categoría de desvelle o intervalo de prezos quedou entre 0,68 e 0,74 euros o quilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, tamén se mantiveron os prezos sen cambios, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha tendencia similar.
En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións do pasado martes. Deste xeito quedaron nos 39 euros os procedentes de varias explotacións e nos 44 euros os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: