Baixada do gando vacún en Silleda

A Lonxa de Silleda rexistrou este martes unha baixada, con excepcións, das cotizacións en vacún maior e nos becerros, tanto de recría como carniceiros.

Nas mesas de porcino, non hai cambios nas cotizacións dos porcos cebados e soben os leitóns. Mentres, o mercado do ovo mantense sen cambios.

Prezos do vacún

Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Na recría frisoa, os becerros machos máis novos cotizáronse a un prezo medio de 48 euros, é dicir 18 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 72 euros, o que supón 6 euros menos que a semana pasada. Os machos de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 111 euros, cunha redución de 21 euros.

Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os tenreiros machos máis novos descontaron 68 euros e o prezo medio sitúase nos 186 euros. Pola contra, nas femias houbo unha suba de 20 euros e cotízanse a 162 euros.

No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse un repunte de 2 euros e teñen un prezo medio de 322 euros. As femias quedaron sen cambios nos 210 euros. Os animais de máis de 50 días rexistraron baixadas: Nos machos o prezo de referencia foi de 481 euros, despois dunha baixada de 51 euros. As femias baixaron o seu valor en 29 euros, polo que se sitúan nos 369 euros.

Mentres, a tendencia foi á alza nos becerros de cebo. Así, nos tenreiros de cruces industriais o valor medio foi de 1.073 euros, fronte aos 986 que se pagaron de media o pasado martes. Nas becerras desta categoría, o prezo de referencia atópase nos 875 euros, fronte aos 681 da última feira. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.383 euros, é dicir 280 euros máis. As tenreiras desta raza subiron 49 euros ata situarse nun prezo medio de 1.254,56 euros.

Tamén o vacún maior experimentou en xeral unha baixada dos prezos. As vacas da extra incrementaron o seu valor en 165 euros con respecto da última feira e o seu prezo de referencia sitúase nos 2228 euros. Pola contra, as vacas de primeira baixaron 33 euros respecto á semana pasada, cun valor medio de 1.134 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a 746 euros, logo dunha baixada de 35 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 455 euros, polo que baixaron 34 euros en comparación coa última feira. Os 16 animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia rexistraron unha cotización media de 2398 euros.

SILLEDA 19_09_2023 VACUN

Mesas de prezos

Nas mesas de prezos, a única novidade da xornada situouse nunha baixada de cotizacións no porcino de desvelle e nun repunte nas cotizacións dos leitóns:

SILLEDA 19_09_2023 OUTROS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información