O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a denegación de axudas de agroambiente e clima e agricultura ecolóxica, correspondentes á campaña 2016.
Os principais motivos de denegación son que o solicitante incumpre o criterio de elixibilidade de recibir aconsellamento específico e/ou que non acada a puntuación necesaria para acceder á axuda
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidenta do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), no prazo dun mes; é dicir ata o 17 de marzo.
Consulta aquí a listaxe de solicitudes de agroambiente e clima e agricultura ecolóxica denegadas.