Soben os prezos do gando vacún en Silleda

Os prezos do gando vacún, sobre todo dos becerros de recría de Cruce, experimentaron unha suba este martes en Silleda. Baixada nas cotizacións do porco cebado, e suba nos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 5 de setembro

Soben os prezos do gando vacún en Silleda

Poxa de xatos en Silleda.

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba dos prezos do gando vacún, principalmente nos becerros de recría de cruzamento. As cotizacións do porco cebado baixaron, a dos ovos experimentou unha suba e a dos bacoriños mantívose sen cambios.

Así, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes experimentaron unha tendencia á alza, pero con excepcións. Así, na de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 92 euros, cinco máis que na poxa do pasado martes. E na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media mantívose sen cambios nos 122 euros por xato. Sen embargo, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio caeu levemente ata unha media de 154 euros, un menos que a semana pasada.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia claramente á alza. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 249 euros, fronte aos 216 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu ata os 321 euros de media, fronte aos 273 do pasado martes. Nas femias os prezos tamén se recuperaron ata unha media de 196 euros, catro máis que na anterior sesión. En canto aos xatos de máis de 51 días, o prezo medio subiu claramente ata os 397 euros, fronte aos 359 euros de media da última poxa.

No vacún maior a tendencia xeral foi irregular, con subas e baixadas dependendo da categoría. Deste xeito, quedaron en 1.119 euros de media en categoría primeira, 717 en segunda -a máis numerosa- e 468 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.087, 717 e 470 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_SETEMBRO_VACUN_17_1

Suba dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse aplicar unha suba en todas as categorías, agás na XL, que quedou nos 1,51 euros a ducia. Pola contra, a L subiu 0,02 euros ata os 1,51 ; á M aplicóuselle unha suba de 0,04 euros, quedando a ducia en 1,21 euros e a S subiu 0,02 euros, ata os 0,93 euros a ducia.

O coello mantívose na Lonxa de Madrid nos 1,70 euros o quilo, o mesmo prezo que a pasada semana.

Baixada no porco cebado e sen cambios nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou por primeira vez en varias semanas aplicar unha baixada de 0,02 euros o quilo ás categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,470 e 1,455 euros por quilo, respectivamente, así como ao desvelle, que se situou nun intervalo de prezos de entre 0,85 e 0,91 euros o quilo. A Canle II tamén baixou 0,026 euros, ata quedar nos 1,877 euros por quilo.

En canto aos leitóns, acordouse tamén manter as cotizacións nos 36 euros para os procedentes de varias explotacións e os 41 euros para os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información